Ousmane Viera Diarrassouba, nado en Daloa, Costa do Marfil o 21 de decembro de 1986, é un futbolista marfilés. Xoga como defensa e o seu actual equipo é o Sepsi Stânfu Gheorghe da Liga I romanesa.

Traxectoria Comezou a súa carreira profesional en 2003 no seu país, xogando para o Réveil Clube de Daloa. En xaneiro de 2008 asinou un contrato co CFR Cluj de Romanía. Un ano despois foi cedido ao FC International Curtea de Arges e, en 2010, foi traspasado ao CS Pandurii Târgu Jiu.

Participou nos Xogos Olímpicos de Pekín, xogando como titular todos os partidos que Costa do Marfil disputou no campionato: contra a Arxentina, Serbia, e Australia, na fase de grupos, e ante Nixeria, nos cuartos de final.

O 1 de xuño de 2014, logo de ser incluído na lista preliminar en maio, Viera foi ratificado na nómina definitiva de 23 xogadores que representarán ao seu país na Copa Mundial de Fútbol facendo desta a terceira ocasión na que disputará o torneo.

Participacións en Copas do Mundo Xogou na Copa Mundial de Fútbol de 2014

Clubs ClubPaísAnoRéveil Club de DaloaCosta do Marfil2003-2008CFR ClujRomanía2008-2009FC Internațional Curtea de Argeș (cedido)Romanía2009-2010CS Pandurii Târgu JiuRomanía2010-2013Çaykur RizesporTurquía2013-2016AdanasporTurquía2016-2017Sepsi Sfântu GheorgheRomanía2018-

Palmarés

Campionatos internacionais TítuloClubPaísAnoCopa Africana de NaciónsCIV Guinea Ecuatorial2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Football Database Ficha en Romanian Soccer (en inglés) Ficha en Welt Fussball (en alemán) Ficha en Transfermarkt (en alemán)

Categoría:Futbolistas olímpicos de Costa do Marfil Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Costa do Marfil Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Costa do Marfil Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008