Denis Ivanovich Krivoshlykov, nado en Moscova o 10 de maio de 1971, é un ex xogador ruso de balonmán. Xogaba de extremo dereito. Foi un dos compoñentes da selección de balonmán de Rusia, coa que disputou 280 partidos internacionais nos que anotou un total de 448 goles. Proclamouse campión olímpico en Sydney 2000 e foi medalla de bronce en Atenas 2004. Traxectoria

Denis xogou ata o 2000 no CSKA Moscova, logo dende o 2000 ata o 2012 xogou no Ademar León.

No seu palmarés conta con tres Ligas de Rusia (1994, 1995, 2000), unha Liga ASOBAL (2001), unha Copa do Rei (2002), unha Recopa de Europa (2005) e unha Copa ASOBAL (2008).

Recibiu a distinción ao mellor extremo dereito do Campionato Europeo de Balonmán de 2002.

Categoría:Nados en Moscova Categoría:Nados en 1971 Categoría:Xogadores de balonmán olímpicos de Rusia Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de balonmán nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Rusia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Rusia Categoría:Medallistas olímpicos en balonmán Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004