Rose Tremain, nada en Londres o 2 de agosto de 1943, é unha escritora e profesora inglesa, reitora (Chancellor) da Universidade de East Anglia. É membro da Orde do Imperio Británico e da Royal Society of Literature. Traxectoria Naceu co nome de Rosemary Jane Thomson. O seu bisavó paterno foi William Thomson, o arcebispo de York de 1862 a 1890. Foi educada na Francis Holland School, Crofton Grange School, a Sorbona (1961–1962) e na Universidade de East Anglia, titulada en Literatura inglesa. Foi profesora de Escritura creativa na Universidade de East Anglia de 1988 a 1995, e en 2913 foi elixida Chancellor.

En 1971 casou con Jon Tremain, con quen ao ano seguinte tivo unha filla, a actriz Eleanor Tremain. Ao cabo de cinco anos separáronse, e en 1982 casou co director de teatro Jonathan Dudley. O matrimonio durou nove anos, e desde 1992 ten unha relación con Richard Holmes. Vive en Norfolk.Notas sobre a autora na edición de Vintage Books de 2002 da obra Sacred County.

Estilo As súas influencias inclúen William Golding, autor de O señor das moscas, e a novela de Gabriel García Márquez Cien años de soledad, así como o realismo máxico.

É autora de novela histórica que presenta os seus personaxes "desde ángulos inesperados, prestando atención aos marxinais".

En 2009 doou o seu relato The Jester of Astapovo ao proxecto de Oxfam "Ox-Tales", catro coleccións de relatos escritos por 38 autores e autoras do Reino Unido. A súa historia foi publicada no volume 'Earth'.

Recoñecementos 2017: Premio Ribalow por The Gustav Sonata 2017: Premio Baileys Women a obra de ficción por The Gustav Sonata 2016: Premio Costa Book por The Gustav Sonata 2013: Premio Walter Scott de novela histórica, por Merivel: A Man of His Time 2012: Premio Wellcome Trust Book, por Merivel: A Man of His Time 2008: Orange Prize, The Road Home 1999: Whitbread Award, Music and Silence 1994: Prix Femina Étranger, Sacred Country 1992: James Tait Black Memorial Prize, Sacred Country 1989: Booker Prize, shortlist, Restoration 1989: Sunday Express Book of the Year, Restoration 1984: Giles Cooper Award, Temporary Shelter (play)

Obra

Novelas Sadler's Birthday (1976), Letter to Sister Benedicta (1978), The Cupboard (1981), Journey to the Volcano (1985), The Swimming Pool Season (1985), Restoration (1989), Sacred Country (1992), The Way I Found Her (1997), Music and Silence (1999), The Colour (2003), The Road Home (2008), Trespass (2010 W.W. Norton), Merivel: A Man of His Time (2012), The Gustav Sonata (2016),

Relatos The Colonel's Daughter and other stories (1983) The Garden of the Villa Mollini and other stories (1987) Evangelista's Fan and other stories (1994) The Darkness of Wallis Simpson and other stories (2006) The American Lover (2014)

Infantil-xuvenil Journey to the Volcano (1985)

Memorias Rosie: Scenes from a Vanished Life (2018)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Artigo en The Guardian. Entrevista en New York Times, 15 de maio de 2009 . Artigo en The Guardian.

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade de East Anglia Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes