O Escudo do Salvador foi creado xunto coa actual Bandeira Nacional polo Decreto Lexislativo do 17 de maio de 1912, sendo Presidente da República o Manuel Enrique Araujo. Foi deseñado polo calígrafo salvadoreño Rafael Barraza Rodríguez, que se impuxo sobre trinta competidores nun concurso promovido polo entón Ministerio de Guerra e Mariña, en 1912.

Descrición Por ser símbolo nacional, atópase aprobado e descrito pola Lei de Símbolos Patrios que estipula os elementos que o compoñen e a súa posición no escudo nacional. Os seus compoñentes teñen o seguinte significado:Escudo Nacional de El Salvador . Páxina Oficial da Asemblea Lexislativa.Presidencia da República do Salvador: Escudo Nacional

Triángulo equilátero: groso e de cor ámbar dourado, cada un dos seus ángulos representa os tres Poderes do Estado (lexislativo, executivo e xudicial). Cordilleira de cinco volcáns cónicos boscosos con ceo avermellado en horizonte, colocada nun terreo rodeado por dous mares: representa a natureza tropical e volcánica do chan salvadoreño; os cincos volcáns ás cinco nacións do istmo, resultantes da Independencia de Centroamérica; e os mares, os océanos Atlántico e Pacífico. Un arco da vella con ceo azul: símbolo da paz. Gorro de liberdade ou gorro frixio esparcendo loces ámbares douradas: proclama a liberdade e os seus raios espiral extensivas os ideais do pobo salvadoreño. Lenda «15 de setembro de 1821»: data da Independencia de América Central. Lenda «República do Salvador na América Central»: colocado arredor do triángulo en letras ámbares douradas. Lenda «Deus, Unión, Liberdade»: colocado na base do triángulo, en letras negras e un rolo manuscrito ámbar dourado. Cinco pavillóns do Salvador, colocados arredor do triángulo: representan as cinco nacións resultantes da Independencia de Centroamérica. Dúas pólas de loureiro entrelazadas cun listón azul e branco: composto por catorce gallas que representan os catorce departamentos en que se atopa dividido administrativamente O Salvador.

Notas

Categoría:Símbolos do Salvador Salvador, O