Xesús Blanco Conde. Aquí asina como Xesus [sic] Blanco Conde, nado en Cimadevila (Laza) o 18 de setembro de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Converteuse en 1973 en funcionario da administración do estado, ao aprobar a oposición ao corpo de administrativos, e foi destinado a Oviedo, onde permaneceu unha década. Alí estudou Dereito e licenciouse pola Universidade de Oviedo. En 1983 aprobou a oposición ao corpo de xestión e ao ano seguinte conseguiu o traslado á Tesourería da Seguridade Social en Ourense. En 2004 converteuse en codirector provincial do INSS na provincia de Ourense e en 2018 en director.

En abril de 2019 xubilouse para dedicarse por enteiro á política e nas eleccións municipais de 2019 encabezou a lista ao concello polo PSdeG-PSOE. Obtivo tres concelleiros e, malia quedar segundo, conseguiu converterse en alcalde de Laza co apoio dos dous concelleiros de Xuntos por Laza.

En xuño de 2020 destituíu os concelleiros de Xuntos por Laza, e en xullo dese ano dimitiu como alcalde pero continuou de concelleiro.

Ten escrito diversos artigos (na revista Auria) sobre diversos aspectos de etnografía local e unha monografía sobre o Entroido de Laza. Tamén ten publicado artigos sobe aspectos de xestión da tesourería da Seguridade Social.

Obra Laza, o entroido enxebre (Deputación de Ourense, 2000)

Notas

Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Laza Categoría:Concelleiros de Laza Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Laza Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes