A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Caniza (a súa capital), Covelo e Crecente. Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.
Demografía Concello nº deparroquias Extensión( km² ) Poboación (2020) Densidade Arbo 6 42,66 2.599 60,38 A Caniza 9 105,04 5.115 48,76 Covelo 14 154,63 2.900 19,00 Crecente 11 57,46 1.994 34,70 Total 39 359,79 12.608 35,04
Idade media (2020): 54,37 anos Poboación estranxeira (2020): 327 habitantes
Padrón municipal 2020 12.060 habitantes Menores de 15 anos 1.069 (8,86 %) Entre 16 e 64 anos 6.769 (56,13 %) Maiores de 65 anos 4.222 (35,01 %)
Política e goberno
Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou os concellos de Arbo, Covelo e Crecente, mentres que o PSdeG-PSOE o da Cañiza.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha comarcal da Comarca da Paradanta na web do Instituto Galego de Estatística
Paradanta, Comarca da