Diego Epifanio Carbonero, máis coñecido como Epi, nado en Burgos, é un adestrador profesional de baloncesto español. Dende 2025 adestra o Monbús Obradoiro da Liga LEB Ouro.
Traxectoria Diego Epifanio ten unha longa traxectoria como adestrador de equipos de formación no mundo do baloncesto. Tras doce anos como segundo adestrador de Andreu Casadevall en Burgos, e após a saída deste cara ao CAI Zaragoza da Liga ACB, fíxose cargo do equipo e acadou o ascenso á Liga ACB. Tras conseguir manter a categoría durante dúas temporadas foi cesado do equipo, e poucos días despois asinou co Club Baloncesto Breogán. Na tempada 2022-2023 asinou polo Básquet Coruña, co que conseguiu o ascenso á ACB na 2024-2024, se ben na 2024-2025 o equipo volveu descender a LEB oro. Para a tempada 2025-2026 fichou polo Obradoiro CAB, co obxectivo de logar o ascenso á ACB.
Clubs CB Miraflores (LEB / ACB, 2015−2019) Breogán (LEB, 2019−2021) Estudiantes (LEB, 2022) Básquet Coruña (LEB, 2022-2025) Obradoiro C.A.B (LEB, dende 2025)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do Diego Epifanio na web da ACB
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Burgos Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Adestradores do CB Miraflores Categoría:Adestradores do Club Básquet Coruña Categoría:Personalidades sen imaxes