Cornelius Alvin Smith, nado o 7 de abril de 1937, é o Gobernador Xeral das Bahamas dende 2019.

Traxectoria Foi embaixador nos Estados Unidos dende 2008. Tamén foi Ministro de Transportes e Aviación das Bahamas. En 2018, xurou o cargo como vicegobernador xeral e en xuño de 2019 anunciouse que substituiría a Marguerite Pindling como Gobernador Xeral das Bahamas. Tomou posesión do cargo o 28 de xuño.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Reinos da Commonwealth de Nacións Xefes de Estado e Goberno actuais

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Políticos das Bahamas Categoría:Nados nas Bahamas Categoría:Gobernadores Xerais das Bahamas