Rosamunde Pilcher, nada en Lelant (Cornualla) o 22 de setembro de 1924 e finada en Longforgan (Escocia) o 6 de febreiro de 2019, foi unha escritora británica de novela romántica, literatura popular feminina e relatos, desde 1949 até a súa xubilación en 2000. As súas obras venderon máis de 60 millóns de exemplares. Nos comezos da súa carreira publicou co pseudónimo de Jane Fraser.
Traxectoria Filla de Helen (nada Harvey) e Charles Scott, un comandante do exército británico.. Antes do seu nacemento o seu pai foi destinado a Burma, mentres que a nai quedou en Cornualla. Foi á Escola de St. Clare en Penzance, á Howell's School Llandaff e á Escola de Secretaría de Miss Kerr-Sanders. Comezou a escribir con sete anos, e publicou o seu primeiro relato con quince.
Entre 1943 e 1946 serviu no Women's Royal Naval Service. O 7 de decembro de 1946 casou con Graham Hope Pilcher, veterano de guerra e empresario do iute, finado en marzo de 2009. Instaláronse en Dundee (Escocia), e tiveron dúas fillas e dous fillos. O seu fillo, Robin Pilcher, tamén é escritor.
En 1949 publicou a súa primeira obra, unha novela romántica editada por Mills and Boon, baixo o pseudónimo de Jane Fraser. En 1955 comezou a publicar co seu nome real coa obra Secret to Tell, e en 1965 abandonou de forma definitiva o pseudónimo literario.
En 1987 comezou o seu éxito coa súa décimo cuarta novela, a saga familiar The Shell Seekers. A protagonista é Penelope Keeling, unha muller maior que a través de analepses rememora a súa vida e a súa relación cos seus fillos xa adultos. A vida de Keeling non foi extraordinaria, pero "esténdese por un tempo de grandes cambios no mundo" A novela describe as rutinas da vida durante a segunda guerra mundial en Gran Bretaña. The Shell Seekers vendeu uns dez millóns de exemplares e foi traducida a máis de cuarenta linguas. Amais foi adaptada a obra de teatro por Terence Brady e Charlotte Bingham.
Coa novela Coming Home gañou en 1196 o Premio á Novela Romántica do ano da Romantic Novelists' Association. A presidenta desta asociación en 2019, Katie Fforde, consideraba Pilcher como "innovadora por ser a primeira que levou as sagas familiares ao público xeral". Felicity Bryan, no seu obituario en The Guardian, destacaba que Pilcher tomara o xénero romántico a un alto nivel, e destaca que a súa literatura é máis prosaica ca romántica.
En 2002, dous anos despois da súa xubilación, foi nomeada oficial da Orde do Imperio Británico (OBE).
Obras Novelas Como Jane Fraser Half-Way To The Moon (1949) The Brown Fields (1951) Dangerous Intruder (1951) Young Bar (1952) A Day Like Spring (1953) Dear Tom (1954) Bridge of Corvie (1956) A Family Affair (1958) A Long Way from Home (1963) The Keeper's House (1963)
Como Rosamunde Pilcher A Secret to Tell (1955) On My Own (1965) Sleeping Tiger (1967) Another View (1969) The End of Summer (1971) Snow in April (1972) The Empty House (1973) The Day of the Storm (1975) Under Gemini (1977) Wild Mountain Thyme (1979) The Carousel (1982) Voices in Summer (1984) The Shell Seekers (1987) September (1990) Coming Home (1995) The Key (1996)
Winter Solstice (2000)
Relatos The Blue Bedroom and Other Stories (1985) Flowers in the Rain: And Other Stories (1991)
Notas
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Cornualla Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes