Enrique Alonso Teijeiro, nado en Ferrol cara a 1913 e finado no mesmo concello o 18 de decembro de 1936, foi un mestre galego.
Traxectoria Fixo as prácticas de Maxisterio na Escola de nenos de Cedeira en 1930.El Correo Gallego , 9-5-1930, p. 1. Mestre da Graduada de Cedeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. Xulgado en consello de guerra en Ferrol por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, José Cipriano Durán Fraguela, Ginés Fernández Rodríguez, Miguel Fernández Santos, Antonio Castillo Domínguez, Rufino Redondo Senra, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos