Poesiagalega.org é unha páxina web que serve de base de datos e repositorio dixital de poesía galega desde o século XIX até a actualidade. É, basicamente, un arquivo dixital creado polo Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) como ferramenta de apoio e referencia. Proxecto e realización O proceso de creación da páxina web comezou co Programa Sectorial de Investigación Aplicada da Xunta de Galicia, no que un grupo formado por membros de varias universidades presentaron o proxecto de investigación poesiagalega.org: Constitución e xestión dun repositorio dixital da poesía galega (séculos XIX-XXI) no campo cultura. Este proxecto obtivo o financiamento económico da Consellería de Economía e industria para o período entre o 2009 e o 2012. A partir dese momento comezouse a traballar até conseguir abrir a páxina ao público en 2011, ano desde o cal a páxina está online de forma continuada.
No ano 2013, culminado o ciclo financiado do proxecto, o traballo realizado polo grupo viuse diminuído pola dispersión do equipo e a perda de postos de traballo debido a crise económica. En marzo de 2015 realizouse unha actualización e optimización e creouse unha “Guía de uso” para ofrecer un máximo rendemento a aquel que traballe con esta base de datos. Paxina de presentacion http://www.poesiagalega.org/presentacion/
Equipo O conxunto responsable do proxecto é o Grupo Alea de Análise Poética (ou GAAP). Este grupo foi oficialmente creado en xaneiro de 2009 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo foi a dinamización da investigación sobre materia poética e sobre os propios procedementos de análise metodolóxica e de selección a hora de falar de poesía, non só no sentido académico se non tamén no ámbito literario-cultural. Centrouse nun principio no desenvolvemento de estudos sobre materia poética e teórico-críticos nos grupos de Teoría da Literatura e Literatura comparada da mesta universidade compostelá.
O grupo, dirixido por Arturo Casas como coordinador, está constituído na actualidade por Margarita García Candeira, María López Sández, Isaac Lourido, Chus Nogueira, Montserrat Pena e Iria Sobrino. Formaron anteriormente parte do GAAP Iris Cochón, Lorena Domínguez e María do Cebreiro Rábade.
De maneira non adscrita ao GAAP tamén colaboraron no proxecto Poesiagalega.org: Helena González, Dolores Vilavedra, Olivia Rodríguez, Ana Acuña, Miro Villar, José Luís Forneiro, Laura Mariño (contratada como filóloga experta en edición dixital) e Alba Cid (en tarefas de actualización como bolseira predoutoral da USC). Paxina de equipo http://www.poesiagalega.org/equipo/, .
Funcionamento
Á hora de facer uso da páxina web como ferramenta hai tres opcións:
usar o buscador básico para facer buscas sinxelas. facer buscas máis selectivas cubrindo os campos e subcampos no buscador así como os filtros dispoñíbeis. facer a procura directamente de autoras/es ou títulos.
Obras
Os documentos dispostos para o publico na base de datos, todos eles dixitalizados polo grupo, trátanse desde textos poéticos ou ensaísticos até arquivos de son ou vídeo. Estes documentos foron seleccionados polo grupo e cedidos voluntariamente por autores/as e editoras/es tras solicitude formal.
En marzo de 2015 o arquivo contiña 2613 obras ou fichas, clasificadas deste xeito:
Rexistros de textos 896 Rexistros de imaxes 415 Rexistros de vídeos 139 Rexistros de sons 135 Libros/Revistas Dixitalizados 70 Sector Axenda 695 Sector Noticias 263 Total de fichas 2.613
Notas
Categoría:Sitios web en galego