Laverne Cox, nada en Mobile (Alabama) o 29 de maio de 1972, é unha actriz estadounidense, estrela de reality shows, produtora de televisión e defensora dos dereitos da comunidade LGBT. Fíxose coñecida polo papel de Sophia Burset na serie de Netflix Orange Is the New Black, serie con que se converteu na primeira persoa transxénero nomeada a un Emmy na categoría de actriz, e a primeira en ir de candidata a un Emmy desde a designación da compositora Angela Morley en 1990."Laverne Cox Becomes First Transgender Person Nominated for an Emmy , Time Magazine

Tamén é coñecida pola súa aparición como concursante no programa de VH1 I Want to Work for Diddy, e por producir e copresentar o programa sobre cambio de imaxe TRANSform Me, tamén de VH1. En abril de 2014, a Cox galardoárona co premio GLAAD polo seu traballo como defensora dos dereitos da comunidade transexual. O 9 de xuño de 2014, Cox converteuse na primeira persoa transexual en aparecer na portada da revista Time.

Primeiros anos Cox naceu en Mobile, unha cidade de Alabama, e ten un irmán xemelgo, M. Lamar. O irmán fixo o papel de Sophia antes da operación de mudanza de sexo (co nome de Marcus) en Orange Is the New Black. Cox recoñeceu nunha entrevista que se tentara suicidar ós 11 anos, cando se decatou de que desenvolvera sentimentos polos seus compañeiros e por sufrir bullying por non actuar "da forma en que alguén asignado home ó nacer debería comportarse". Graduouse na Alabama School of Fine Arts en Birmingham, a capital do estado, onde se especializou en danza, e no Marymount Manhattan College en Nova York, onde mudou a danza pola interpretación.

Carreira artística Cox é coñecida principalmente polo seu papel en Orange Is the New Black facendo de Sophia Burset, unha muller transexual que está no cárcere por unha fraude de tarxetas de crédito. Previamente apareceu como concursante en I Want to Work for Diddy, e produciu e co-presentou o reality de VH1 TRANSform Me, o que a converteu na primeira persoa transexual afroamericana en producir e protagonizar o seu programa de televisión. Ambos os programas foron nomeados ós premios GLAAD como reality shows destacados. Tamén apareceu nalgunhas series de televisión como Law & Order, Bored to Death ou Musical Chairs.

Ademais de traballar como actriz, fala publicamente e escribe artigos sobre os dereitos da comunidade LGBT e outros asuntos de actualidade en distintos medios, como o Huffington Post. O seu papel en Orange Is the New Black deulle un poleiro desde o que falar sobre os dereitos da comunidade transexual. Nunha entrevista Cox dicía "Sophia é unha personaxe multi-dimensional co que a xente pode empatizar de verdade... e chás, están empatizando cunha persoa transexual real. E para a xente transexual aí fóra, que necesitan ver representación nos medios de xente coma eles e das súas experiencias, iso convértese en algo realmente importante."

Cox apareceu na portada da revista Time do 9 de xuño de 2014, e foi entrevistada para o artigo "The Transgender Tipping Point" por Katy Steinmetz, do mesmo número, que era ademais o titular que aparecía na portada; isto converteu a Laverne Cox na primeira persoa transexual en aparecer na portada de Time.

Ese mesmo ano Cox converteuse na primeira persoa transexual en ser nomeada a un Emmy na categoría de Mellor Actriz Secundaria nunha Serie de Comedia polo seu papel como Sophia Burset en Orange Is the New Black.

Tamén en 2014, Cox apareceu no videoclip da canción de John Legend "You & I (Nobody In The World)".

O 17 de outubro de 2014, estreouse en MTV e Logo o documental Laverne Cox Presents: The T Word, dunha hora de duración, producido e narrado pola propia Cox.

Premios

En 2013, Cox recibiu o premio de honra Anti-Violence Project 2013 Courage e na entrevista que fixo para YouTube, dicía, "Wikipedia di que son unha activista, pero eu prefiro o termo defensora das persoas transexuais'" En novembro de 2013, Cox recibiu o premio dos lectores na gala de Out Magazine, que recollía a selección das "100 persoas máis irresistibles do ano". En 2014, a Cox escollérona Muller do Ano na revista Glamour. Tamén en 2014, Cox foi incluída no Root 100; unha lista que recoñece os "destacados líderes, innovadores e forxadores de cultura negros" de 45 anos ou máis novos. Tamén en 2014, Cox obtivo encabezou a lista World Pride Power do xornal británico The Guardian, onde saían as persoas máis influentes pertencentes á comunidade LGBT. Do mesmo xeito en 2014, Cox recibiu o premio Stephen F. Kolzak de GLAAD.

Filmografía +CineAnoTítuloPapelNotas2000Betty AndersonDeirdreCurtametraxe2004Moza2008All NightLaylaCurtametraxe2009Uncle StephanieStephanie2010Bronx ParadiseProstituta2011CarlaCinnamon2011Musical ChairsChantelle2012MigraineLolaCurtametraxe2012Blithe Stargazer201336 SaintsGenesuis2014Grand StreetChardonnay2017Freak ShowFelicia +TelevisiónAnoTítuloPapelNotas2008Law & OrderCandaceEpisodio: "Closet"2008I Want to Work for DiddyComo ela mesma6 episodios2008Law & OrderMinnieEpisodio: "Sweetie"2009Bored to DeathProstituta transexualEpisodio: "Stockholm Syndrome"2010TRANSform MeComo ela mesmaPresentadora e produtora; 8 episodios2013–2019Orange Is the New BlackSophia Burset64 episodios Nomeada—Critics' Choice Television Awards for Best Supporting Actress in a Comedy Series

Nomeada—Primetime Emmy Award for Outstanding Guest Actress in a Comedy Series2014Faking ItMargotEpisodio: "Stupid Drama Queens"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Mobile