Alpes Cottiae foi unha provincia romana do Imperio romano, unha das tres pequenas provincias que se atopan a carón dos Alpes, entre as actuais Francia e Italia. O seu nome sobrevive nos modernos Alpes cocios. Na antigüidade, a misión máis importante da provincia era a salvagarda das comunicacións sobre os pasos alpinos.

Alpes Cottiae estaba rodeada por Gallia Narbonensis cara ao oeste, Alpes Maritimae ao sur, Italia ao leste e Alpes Graiae cara ao norte. A capital provincial estaba en Segusio (moderna Susa en Piemonte).

Historia A provincia tiña a súa orixe no reino controlado por Donnus, gobernante das tribos ligures locais da zona a mediados do século I a.C., e recibiu o nome do seu fillo e sucesor Marcus Julius Cottius,, cuxo reino foi integrado ao sistema imperial romano baixo Augusto.Vitruvius, On architecture, 8,3,17Goodman, M., The Roman World 44 BC–AD 180, p. 120

Inicialmente, Cottius e os seus sucesores Gaius Julius Donnus II (reinou do 3 a.C. ao 4 d.C.) e Marcus Julius Cottius II (reinou entre o 5 e o 63 d.C.) continuaron a manter o poder como gobernantes dun estado cliente, despois, baixo Nerón nomeouse un procurador e converteuse oficialmente nunha provincia romana.Bibliotheca classica or A classical dictionary, John Lemprière, G. and C. Carvill, 1831; pag. 414 Os gobernadores da provincia eran prefectos da orde ecuestre.

Asentamentos Asentamentos dos Alpes Cottiae: Ad Fines (Malano) ("mansio", posto aduaneiro) Ocelum (Celle) ("oppidum", vila celta) Ad Duodecimum (S. Didier) ("mutatio") Segusio (Susa) (capital) Venausio (Venaus)(oppidum) Excingomago (Exilles) (oppidum, posible capital de Donno) Caesao / Goesao (Cesana Torinese)("castrum") Ad Martes Ultor (último imperial "Ulcense") (Oulx) ("castrum") Brigantium (Briançon) (mansio) Mons Matronae (Monte Genèvre)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Provincias romanas