Contos de lobos é unha obra narrativa de Ánxel Fole, publicada en 1985 por Edicións Xerais de Galicia e reeditada en 1986 (ISBN 8475073700) e 1996 (ISBN 978-8475073705) pola mesma editorial como Contos de lobos e outros relatos, dentro da colección Biblioteca das Letras Galegas.

A selección dos contos, a introdución e as notas son obra de Claudio Rodríguez Fer.

Características Claudio Rodríguez Fer escolleu tres contos relacionados cos lobos.

Os lobos publicado en Á lus do candil e logo noutras edicións posteriores. O morto entrara ca xistra publicado en Terra brava. Contos da solaina. Lobos te coman! publicado no nª 10 da revista Grial e posteriormente en Historias que ninguén cre.

Introdución miniatura|Estatua de Ánxel Fole en Lugo Na introdución, o compilador Rodríguez Fer presenta os seguintes puntos de análise: 1. Aproximación a Ánxel Fole Presentación Cronoloxía Bibliografía

2. O lobo nos contos de Fole A dimensión física A dimensión mítica

3. Comentario do conto Os lobos A temática Tema central Temas secundarios Contexto ou marco temático Técnica Estrutura Lingua Conclusión

Contos

Os lobos Comeza cunha afirmación Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacan as persoas. E iso non é certo. Como o caso do secretario de Caldas que foi comido por eles e iso que levaba un revólver de seis cartuchos. O lobo se non se lle fire de norte é pior. Eu matei un con dous tiros de postas… Cecais non se me arrepuxo porque era de día… De noite médralles o corazón e son moi valentes. O señor cura de Peites tamén matou un lobicán. Describe como os lobos “traballan” á xente, como a acompañan, así lle pasou ao Pastrán de Visuña. E logo conta o caso principal do relato:Era pola Santa Lucía (13 de decembro), nunha noite de moita néboa bótase ao camiño desoíndo os consellos de que quedase a durmir. Os lobos vanse achegando aos poucos e vano traballando. Remata as pedras e os fósforos, aos lobos relócenlles os ollos, un deles arríncalle o caxato, danlle cos rabos nas pernas. Cando sa xe ve perdido escoita voces, son os seus tres cuñados e os cans que o andaban buscando. Cae desmaiado. Remata:

Extras para este conto

A Xunta de Galicia, realizou un vídeo sobre o conto. Ogalego.eu ten un comentario completo do conto.

O morto entrara coa xistra Trata da morte do señor Enrique-María. O señor saíra nunha noite de neve e frío. Chega á casa o seu can laiándose. Ségueno un grupo de homes con fachóns de palla acesos. Atoparán o corpo do señor xa morto na neve. Volven tal que unha Santa Compaña. A señora Mercedes, que nada sabía, xa o sospeita e agarda polo cadáver.

“Lobos te coman!" Comeza o relato dirixíndose ao auditorio para aclarar conceptos que darán pé á historia contada (técnica do conto oral): Ben sei que sabedes que, en galego, o lobo, en singular, son os lobos. “Batín co lobo” quer decir que lle saíron a un os lobos ó camiño. Mais eu sentín dicir eisí as falas que tidúan esta historia dos montes do Caurel. Vai botar unha tempada coa tía e madriña Fernanda, viúva, que pasou moitos traballos primeiro co home (andaba tras das rapazas e perdía os cartos na xogueta) e agora cos fillos. Non fan máis que gastar, cazar e andar de troula. Os fillos non estudaron aínda que consumiron ben diñeiro. A muller non fai máis que dar queixas. Volven os fillos dunha longa partida de caza pero o máis pequeno, o Pepiño, non chega. Preocúpase a nai e saen buscalo nun coche polo Courel. Darán con el nunha taberna durmindo a bebedela. O pousadeiro cóntalle a historia dunha cruz que ven paseando. Resulta que o Monchiño, de casa boa, namora de Engracia, de casa pobre. Os pais del non os deixan casar mesmo quedando embarazada a rapaza, non hai maneira coa nai. El decide deixar todo e marchar á emigración, a rapaza, xa con meniño, veo marchar e bótalle unha maldición: Covarde, que consintes en ver perdido o teu sangue! Lobos te coman! Anos despois el volveu con cartos decidido a casar coa Engracia. Pero ela xa casara con outro e a noite que el volve cae nun barranco e cómeno os lobos. Disque a Engracia morreu de pena pola maldición e a nai do Moncho arrepentiuse de non o deixar casar. No remate: No fondo do meu corazón eu agradecíalle ao Pepiño que se emborrachara. Senón, eu no podería escoitar tan interesante historia...

Conto de ambiente da montaña do Courel con moita toponimia e mesmo se aventura a etimoloxía dalgún lugar como Goia e se fala do nacemento do Romanticismo.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1985 Categoría:Novelas en galego Categoría:Ánxel Fole