miniatura|Moeda de Ariarates I, cuñada en Gaziura (datada cara ao 333–322 a.C.) Gaziura (en grego: ), era unha cidade do Ponto, preto do actual río Yeşilırmak (denominación ne grego antigo: Iris). Algúns eruditos equiparan Gaziura con Talaura, outros con Ibora, e outros co moderno Turhal.
Foi residencia antiga dos reis do Ponto, mais na época de Estrabón estaba abandonada. Dión Casio (XXXV-12) indica que foi o lugar onde Mitrídates VI do Ponto tomou posicións contra o romano Caio Valerio Triario.
Notas
Categoría:Historia de Turquía Categoría:Reino do Ponto