Heitor Villa-Lobos, nado o 5 de marzo de 1887 en Río de Xaneiro e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 1959, foi un compositor brasileiro.
Traxectoria Primeiros anos Heitor Villa-Lobos naceu o 5 de marzo de 1887 na cidade de Río de Xaneiro no seo dunha familia de clase media. O seu pai, Raúl Villa-Lobos era de ascendencia española e a súa nai, Noemia Umbelina, de ascendencia indíxenaTedders, p. 5. Seu pai era historiador e ensinou ó seu fillo a tocar a frauta e o clarinete. Na casa era habitual a música clásica, e o propio Heitor, sendo neno reuníase cos músicos da rúa para improvisar sobre instrumentos locais partindo de melodías de moda. Deste xeito, o mozo Villa-Lobos de seguida converteuse nun gran guitarrista. Instrumento no que tocaba ós clásicos, adaptándo as súas composicións. De seguida pasou ó violocello, que tocaba na orquestra do Teatro Recreio cun repertorio variado de zarzuelas, óperas e operetas. No 1905, antes de cumprir os vinte anos, decidiu abandonar a formación académica e comezou a traballar en bandas de música que percorrían o Brasil, entrando en contacto cos ritmos e melodías dos indios, os ritmos nos negros de Baía e as cancións populares urbanas e rurais. Posteriormente asentouse en Río de Xaneiro, onde proseguiu a súa formación co estudo dos grandes clásicos. Así recibiu formación de Vincent d'Indy e estudou con frecuencia a compositores clásicos coma Wagner, Puccini, Dukas, Debussy e especialmente Bach.
Traxectoria europea Na década de 1920, marca o inicio dunha etapa de exaltación nacionalista, onde moitos artistas brasileiros tentan facer internacional a súa obra. Deste xeito do 1923 ó 1930, Villa-Lobos trasládase a París, apoiado por diferentes grupos de vangarda. Aquí entrou en contacto con músicos coma o pianista Artur Rubinstein ou o compositor de vangarda Edgar Varèse. Nesta época, o compositor atopábase na súa etapa máis orixinal. Así, nos concertos na capital francesa, combinaba os instrumentos tradcionais coas percusións brasileiras surxidas do mundo negro e indio. Desta época xorde Chôros, considerada por algúns coma a maior achega do Brasil á música mundial.
Madurez e últimos anos Na súa volta ó Brasil no 1930, foi encargado de organizar o sistema educativo musical do país e posteriormente levou a cabo a fundación do conservatorio nacional. Non obstante, seguiu compondo a un ritmo incesante. Desta época son as populares Bachianas Brasileiras e O Descubrimento do Brasil. Pouco a pouco acada unha fama mundial e dirixe as súas obras perante orquestras e filharmónicas de todo o mundo. Da a coñecer os seus últimos cuartetos, a ópera Yerma, a obra Os bosques do Amazonas e os poemas sinfónicos Erosión e Xénese. Cando morre, no 1959, estaba a compoñer a súa sinfonía número 13.
Obra A obra de Villa-Lobos e moi prolífica, acadando as 1 000 composicións, das que son especialmente coñecidas as súas Bachianas Brasileiras No. 5 ou as súas composicións para guitarra. A obra de Villa-Lobos caracterízase pola combinación de elementos melódicos e rítmicos da música indíxena coa tradición musical clásica.
Legado miniatura|Villa-Lobos no billete de 500 cruzados brasileiros de 1987. Dende 2006 a data do seu nacemento é celebrada no Brasil como o "Dia Nacional da Música Clássica".
O billete de 500 cruzados brasileiros tiña no seu reverso ao compositor como protagonista.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Villa-Lobos, Sinfonía Nº10. Amerindia. Orquesta Sinfónica de Tenerife. Director de Orquesta: Víctor Pablo Pérez. CD e Libreto editado por Harmonía Mundi Ibérica s.a. (en castelán) <cite id=Tedders>
Ligazóns externas Museu virtual do músico, compositor e multi-instrumentista Heitor Villa-Lobos
Categoría:Compositores do Brasil Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1959