Simijaca é un concello do departamento de Cundinamarca, Colombia, que se atopa na provincia de Ubaté, a 135 km de Bogotá.Páxina oficial do concello de Simijaca. Información xeral . Consultado o 9 de decembro de 2010.

Toponimia O topónimo Simijaca, en muysc cubun (lingua muisca) significa «peteiro de curuxa».

Historia esquerda|miniatura|285x285px|Templo parroquial da Inmaculada Concepción de Simijaca. Na época precolombiana, o territorio do concello estaba habitado polos indíxenas sutas e simijacas, que pertencían ó pobo muisca. Estes foron sometidos polo conquistador español Hernán Pérez de Quesada en 1541. En 1548, o franciscano Frei Luis Zapata de Cárdenas creou a Parroquia de Simijaca logo de efectuar unha visita pastoral á Parroquia de Susa. A dirección da Parroquia foi encomendada ós pais dominicos de Chiquinquirá.Blog de la Iglesia de Simijaca - Reseña histórica (Consultado el 27 de enero de 2018).

O Oidor Luis Enríquez, por auto de 14 de agosto de 1600 proferido en Cucunubá, fundou o actual poboado de Simijaca, formado polos indios de Simijaca, os de Fúquene e os de Nemoguá.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca