Walije Gondwe, nada en Kayiwonanga (distrito de Mzimba) en 1936, é unha escritora de Malawi, a primeira muller do país en publicar unha novela. A maior parte dos seus libros son obras de literatura infantil e xuvenil publicados nas décadas de 1980 e 1990. Dirixe o proxecto educativo Vinjeru. Traxectoria Naceu nunha familia de devoción cristiá. Varios anos despois de deixar a escola comezou a prepararse como administrativa, e gañou unha bolsa para completar os seus estudos no Reino Unido. A bolsa foi anulada por mor da situación política en Malawi, pero Gondwe permaneceu en Inglaterra.

O seu libro Will the African Flowers Bloom, debido ás dificultades para publicar en Londres na década de 1970, foi abandonado cando un selo de Oxford University Press entrou en crise. En 1985 publicou o seu primeiro libro, Love's Dilemma, editado por Macmillan Publishers na serie Pacesetter Novels. Desde entón foi considerada a primeira muller novelista de Malawi ou "unhas das primeiras mulleres escritoras do país". Se ben outras mulleres seguiron os seus pasos, aínda non hai moitas mulleres escritoras en Malawi. En 2013 o presidente da Unión de Escritores de Malawi dixo que as únicas mulleres escritoras coñecidas do país eran Emily Mkamanga, Walije Gondwe e Janet Karim. En 1994 publicou Double Dating, a súa obra máis vendida.

En 1999, logo de deixar a escrita, fundou o proxecto educativo Vinjeru, que recolle libros e material educativo no Reino Unido para levalo a Malawi, especialmente ás áreas máis remotas do país. Gondwe vive entre o Reino Unido e Malawi. En 2016 recibiu o Lifetime Achiever Award da Malawi High Commission]] en Londres, que premia o traballo das persoas de Malawi na diáspora.

Gondwe ten unha filla e un fillo.

Notas

Categoría:Nados en Malawi Categoría:Nados en 1936 Categoría:Escritores de Malawi Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes