Robustiano Sánchez Vila, coñecido como El Sapo, nado en Ponteareas en 1900 e finado en Valladolid en marzo de 1941, foi un político galego.

Traxectoria Mecánico e serrador. Militante do PSOE e delegado de Traballo da Fábrica Candeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Encartadao na causa 1.284/36 de Vigo por rebelión, foi declarado en rebeldía.El Pueblo Gallego, 4-12-1936, p. 4. Entregouse en 1939. Foi xulgado en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a prisión atenuada no seu domicilio. En decembro de 1940 foi levado ao Manicomio Provincial de Valladolid, onde morreu en marzo de 1941.

Vida persoal

Casou en 1928 con Genoveva Villar Táboas,El Tea, 13-5-1928, p. 3. que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes