Poemas do si e non é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por Edicións Un con deseños de Luís Seoane. Foi reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)
Características Poemas do si e non (1933) está na liña do surrealismo e semella un especial conto erótico, unha historia de amor (desamor, elexía do amor) que ten lugar nunha verdadeira irrealidade espazo-temporal. Aparece nel un surrealismo ao noso xeito cun fondo accesíbel á emoción ou ao intelecto, sen automatismo aínda que con imaxes audaces, asociacións arbitrarias. Fundamentalmente hai nos seus poemas liberdade, recollendo elementos de todos os ismos, de toda a literatura que coñeceu.
Consta dun limiar, 3 partes proporcionadas na súa lonxitude e solidarias no contido ("Ela", "El", "Ela i El") e mais un epílogo, de 3 poemas.
Segundo o Diccionario da literatura galega:
Segundo Xosé Ramón Pena:
Poemas
A ela e a min mesmo
-Limiar
-Ela: 6 poemas
-El: 6 poemas
-Ela e el:
Noivado I Poema 1 Poema 2 Noivado II Poema 3 Noivado 3III Poema 4 Noivado IV
-Parque-final-elexía
Parque Final Elexía
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1933 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro Categoría:Poemas