Cans de palla (en ) é un filme de 1971 dirixido por Sam Peckinpah e protagonizado por Dustin Hoffman e Susan George. O guión, obra de Peckinpah e David Zelag Goodman, está vagamente baseado na novela de Gordon M. Williams The Siege of Trencher's Farm. O título do filme deriva dunha discusión do Tao Te Ching que compara as persoas co antigo can de palla cerimonial chinés, sendo de valor cerimonial, pero que logo é descartado con indiferenza.
Estreouse en galego o 8 de novembro de 2004 a través da TVG.La Voz de Galicia, 8 de novembro de 2004. Páx. 71
Sinopse David Sumner, un profesor estadounidense de matemáticas aplicadas e a súa esposa, Amy, trasládanse a unha vila no medio da campiña británica en Wakely, Cornualla, buscando fuxir da violencia no seu país de orixe. Porén, os seus veciños, aparentemente pacíficos, comezan a ter comportamentos extremadamente violentos cara a eles.
Personaxes
Dustin Hoffman como David Sumner Susan George como Amy Sumner Peter Vaughan como Tom Hedden T. P. McKenna como Maior John Scott Del Henney como Charlie Venner Jim Norton como Chris Cawsey Donald Webster como Phil Riddaway Ken Hutchison como Norman Scutt Len Jones como Bobby Hedden Sally Thomsett como Janice Hedden Robert Keegan como Harry Ware Peter Arne como John Niles Colin Welland como Reverendo Barney Hood Cherina Schaer como Louise Hood David Warner como Henry Niles (sen acreditar) Michael Mundell como Bertie Hedden (sen acreditar) June Brown como Mrs Hedden (escenas eliminadas) Chloe Franks como Emma Hedden (escenas eliminadas)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sam Peckinpah Categoría:Filmes sobre violación e vinganza Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes de 1971 con versión en galego