Mubarkah Bent al-Barra (tamén escrito Mbarka Mint al-Barra), nada en al-Madhardhara en 1957, é unha profesora, escritora e tradutora mauritana.
Traxectoria Estudou en escolas públicas, e estudou Maxisterio en Nouakchott, graduándose en 1983, no centro onde dá clases. En 1987 rematou un mestrado en literatura magrebí e andalusí na Universidade Mohammed V. É bilingüe en lingua árabe e lingua francesa, e escribe principalmente en árabe.
Investigou sobre a poesía oral de Mauritania, concretamente sobre a tibra, unha forma de posía amorosa que só pode ser recitado en reunións de mulleres. Algunhas destas pezas foron traducidas ao francés. En 1992 publicou a colección Taranimli-Watanin Wahid ("Cancións para un país para todas as persoas"), e en 1998 publicou Al-Shi'r al-Muritani al-Hadith, min 1970 ila 1995 ("Poesía moderna de Mauritania, 1970-1995"). Parte da súa poesía foi recollida en antoloxías en lingua inglesa. Tamén publicou unha obra de literatura infantil, Hikayat Jaddati ("Os contos da miña avoa"), en 1997, e é co-editora dun volume de contos tradicionais. Al-Barra é unha figura destacada na vida cultural do seu país, e participa decote en festivais literarios no mundo árabe.
NOtas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Mauritania Categoría:Escritores de Mauritania Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Alumnos da Universidade Mohammed V Categoría:Tradutores ao francés Categoría:Personalidades sen imaxes