miniatura|Blanchard nun gravado de 1859 de Jules Porreau Sophie Blanchard, nada en Yves o 25 de marzo de 1778 e finada en París o 6 de xullo de 1819, referida comunmente como Madame Blanchard e tamén por combinacións dos seus nomes de solteira e de casada, como Madeleine-Sophie Blanchard, Marie Madeleine-Sophie Blanchard, Marie Sophie Armant e Madeleine-Sophie Armant Blanchard, foi unha aeronauta francesa, esposa do pioneiro dos globos aerostáticos Jean-Pierre Blanchard. Blanchard foi a primeira muller que traballou profesionalmente como aeronauta, e trala morte do seu marido continuou no negocio, facendo máis de sesenta ascensións. Coñecida por toda Europa polas súas fazañas, Blanchard entreteu a Napoleón Bonaparte, que a promoveu a "Aeronauta dos Festivais Oficiais", substituíndo a André-Jacques Garnerin. Na restauración da monarquía en 1814 actuou para Lois XVIII, que a nomeou "Aeronauta Oficial da Restauración".

Os globos eran un risco para os pioneiros. Blanchard perdeu a consciencia en varias ocasións, soportou temperaturas xélidas e case afogou cando o seu globo chocou nun pantano. En 1819, foi a primeira muller que faleceu nun accidente aéreo, cando nunha exhibición nos xardíns de Tivoli de París lanxou fogos de artificio que prenderon o gas do globo. A nave chocou co tellado dunha casa e caeu á terra.

Traxectoria Primeiros anos e carreira miniatura|Jean Pierre Blanchard Sophie Blanchard naceu como Marie Madeleine-Sophie Armant nunha parella protestante de Trois-Canons, preto de La Rochelle. Pouco se sabe da súa vida antes do seu matrimonio con Jean-Pierre Blanchard, o primeiro aeronauta profesional. A data do seu matrimonio non é clara; as fontes indican 1794Marck 2006, páx. 70–1. ou 1797,Lynn 2006, páx. 132. mais a maioría din que 1804, ano da súa primeira ascensión. Blanchard abandonara a súa primeira esposa, Victoire Lebrun, e os seus catro fillos para viaxar por Europa perseguindo a súa carreira, e ela posteriormene faleceu na pobreza. Various describiron a "esposa pequena, fea, nerviosa", "pequena con expresións con forma de paxaro" e máis adiante como "pequena e bonita",Walker 2004, páx. 50–3. Sophie sentíase máis na casa no aire que no chan, onde a súa disposición nerviosa implicaba que se sobresaltaba facilmente. Aterrorizábana os ruídos fortes e viaxar en carruaxes, mais no aire non tiña medo. Ela e o seu marido tiveron un accidente nun voo xuntos en 1807 (a súa 11.ª ascensión, posiblemente a 61.ª del), en que chocaron e el sufriu unha ferida na cabeza. O shock aparentemente deixouna muda durante un tempo.Brown 1801, páx. 207–8.

Sophie fixo a súa primeira ascensión en globo con Blanchard en Marsella o 27 de decembro de 1804. A parella enfrontouse á bancarrota como resultado do pobre sentido de negocios de Blanchard, e crían que unha muller aeronauta era unha innovación que podía atraer suficiente atención para resolver os seus problemas financeiros. Ela describiu o sentimento como unha "sensación incomparable" ("sensation incomparable"). Sophie realizou unha segunda ascensión con Blanchard e na terceira, o 18 de agosto de 1805, voou en solitario dende o xardín do claustro dos xacobinos en Tolosa.Michaud 1854, páx. 415–6.

Non obstante, non foi a primeira muller que viaxou en globo. O 20 de maio de 1784, a marquesa e condesa de Montalembert, a condesa de Podenas e Miss de Lagarde montaron nun globo atado en París. Tampouco foi a primeira muller en ascender nun globo sen atar: na época de Blanchard críase que Citoyenne Henri, que fixera unha ascensión con André-Jacques Garnerin en 1798, fora a primeira, aínda que a honra realmente pertence a Elizabeth Thible. Thible, cantante de ópera, subira para entreter a Gustavo III de Suecia en Lión o 4 de xuño de 1784, catorce anos antes que Citoyenne Henri. Blanchard si foi a primeira en pilotar o seu propio globo e a primeira que o tivo como profesión.Walsh 1913, páx. 11–12.

En 1809, o seu marido morreu polas feridas que tivo cando caeu no globo na Haia despois de sufrir un ataque cardíaco. Trala súa morte, Sophie continuou a facer ascensións, especializándose en voos nocturnos, ás veces permanecendo no alto toda a noite.

Carreira en solitario miniatura|Ascensión dende o Campo de Marte, 24 de xuño de 1810 Sophie experimentou con paracaídas que tiña o seu marido, lanzándoos con cans dende o globo, e como parte dos seus espectáculos lanzaba fogos de artificio e deixaba caer canastras con pirotecnia con pequenos paracaídas. Outros aeronautas estaban a facer os seus nomes facendo saltos en paracaídas dende as cestas dos sesus globos, en particular a familia de André-Jacques Garnerin, do que a súa esposa, filla e sobriña actuaban regularmente.Turgan 1851, páx. 170. A súa sobriña, Élisa Garnerin, era a principal rival de Blanchard como muller aeronauta, e era raro que un evento deste tipo non tivese unha actuación dunha ou da outra. Blanchard puido facer algunha demostración de paracaídas, mais o seu principal interese eran os globos.Figuier 1859, páx. 239.

A parella aínda tiña débedas no momento da morte de Blanchard, así que para minimizar os gastos, Sophie foi tan frugal como puido na súa escola de globo. Empregou un globo de gas cheo de hidróxeno (Charlière), xa que lle permitía ascender nunha cesta pouco máis pequena ca unha cadeira, e non tiña os requirimentos de cantidade de material necesaria para un globo de aire quente. Un globo de hidróxeno tamén a liberaba de ter que manter un lume para manter o aparato no aire. Ter un globo máis pequeno e doado de inchar era importante en que eran comúns as "revoltas dos globos", e sabíase que multitudes insatisfeitas destruían globos e atacaban os aeronautas cando os globos non lograban ir como se planeaba. Como era pequena e lixeira, podía reducir a cantidade de gas empregada para inchar o globo. Sophie usou, ou polo menos tivo, un globo de aire quente; o coronel Francis Maceroni contou nas súas memorias que lle vendeu un en 1811 por 40 libras.Maceroni 1838, páx. 41.

Converteuse nunha favorita de Napoleón, e este escolleuna para substituír a André-Jacques Garnerin en 1804. Garnerin caera en desgraza por fracasar no control do globo que organizara para sinalar a coroación de Napoleón en París; o globo finalmente chegou ata Roma e chocou contra o lago di Bracciano, converténdose no obxecto de moitas bromas a expensas de Napoleón.Hoefer 1857, páx. 499. O título que Napoleón deu a Blanchard non está claro: fíxoa "Aeronauta dos Festivais Oficiais " ("Aéronaute des Fêtes Officielles") coa responsabilidade de organizar espectáculos de globos nos principais eventos, mais é posible que tamén a fixese Ministra Xefa do Aire para Globos, posto no que se di que deseñou plans para unha invasión aérea de Inglaterra.Martin 2000, páx. 135. Foi quen de disuadir o emperador deste plan impracticable indicando que os ventos dominantes no Canal da Manga facían a invasión case imposible. miniatura|esquerda|Sophie realiza o ascenso en Milán o 15 de agosto de 1811 polo 42.º aniversario de Napoleón. Realizou ascensións para entreter a Napoleón o 24 de xuño de 1810 dende o Champ de Mars de París, e na celebración montada pola Garda Imperial polo seu matrimonio con María Luísa de Austria. No nacemento do fillo de Napoleón, Blanchard voo un globo sobre París dende o Campo de Marte e lanzou follas anunciando o nacemento.Smucker 1857, páx. 249. Actuou na celebración oficial do seu bautismo no Château de Saint-Cloud o 23 de xuño de 1811, cun espectáculo de fogos artificiais lanzados dende o globo,de Saint-Amand 2004, páx. 270. e de novo na "Féte de l'Emperor" de Milán o 15 de agosto de 1811. Ascendeu con mal tempo sobre o Campo Marte de Nápoles para acompañar a revista das tropas por parte do cuñado de Napoleón, Joachim Murat, rei de Nápoles, en 1811. Cando Lois XVIII entrou en París o 4 de maio de 1814 tras ser restaurado no trono de Francia, Blanchard subiu no seu globo dende a Pont Neuf como parte da procesión do triunfo. Luís quedou tan impresionado coa actuación que a chamou "Aeronauta Oficial da Restauración".Peltier 1814, páx. 391.

Coñecida en toda Europa, Blanchard reunía grandes multitudes nas súas ascensións. En Frankfurt aparentemente foi a causa da pobre recepción da ópera de Carl Maria von Weber Silvana na súa estrea o 16 de setembro de 1810: a xente da cidade xuntouse para ver o seu espectáculo e só uns poucos viron a ópera.Newman 1945, páx. 513. Deu moitas representacións en Italia; en 1811 viaxou de Roma a Nápoles, facendo unha pausa na metade do percorrido despois de 97 km, e posteriormente ascendeu de novo dende Roma a unha altura 3660 m, en que dixo que caeu nun sono profundo por un anaco antes de aterrar en Tagliacozzo.Select Reviews 1812, páx. 176. Ese mesmo ano, perdeu a consciencia tras ter que ascender para evitar ser atrapada nunha tormenta de sarabia preto de Vincennes. Pasou 14½ horas no aire como resultado.Wason 1897, páx. 82. Sophie cruzou os Alpes en globo,Shayler 2005, páx. 10. e cando viaxou a Turín o 26 de abril de 1812 a temperatura caeu tan baixo que sufriu unha hemorraxia nasal e se formaron carambelos na súa cara e mans. Case morreu o 21 de setembro de 1817 cando, nun voo dende Nantes (o seu 53.º), confundiu un campo pantanoso cun punto de aterraxe seguro. O toldo do seu globo quedou atrapado nunha árbore que provocou que a cadeira envorcase; Blanchard, enleada nas cordas, caeu na auga do pantano e afogaría se non chegase a axuda xusto despois de aterrar. Simpatizando con Marie Thérèse de Lamourous que estaba a intentar crear un albergue para "mulleres caídas" (La Miséricorde) en Bordeos, ofreceuse a doarlle ingresos dunha das súas ascensións. De Lamourous rexeitou a oferta en base a que non quería que volvese arriscar a súa vida.Yonge 1858, páx. 57.

Falecemento miniatura|Morte de Mme. Blanchard, ilustración de finais do século XIX O 6 de xullo de 1819, nos xardíns Tivoli de París, o seu globo de hidróxeno prendeu lume e Blanchard, enleada na rede, caeu ata a morte.

Blanchard actuara regularmente nos xardíns Tivoli Gardens, subindo dúas veces á semana cando estaba enParís. Advertíranlle repetidamente do perigo de empregar fogos artificiais nos seus espectáculos. A demostración ía ser unha das máis impresionantes con moitos máis fogos dos habituais, e parece que as advertencias a impresionaran. Algúns espectadores pedíronlle que non subise, mais outros, ansiosos de ver o espectáculo, urxírona a que o fixese. Unha información suxire que finalmente se decidira e subiu na cadeira coa frase "Allons, ce sera pour la dernière fois" ("Vaiamos, esta será a última vez").Ireland 1822, páx. 402.

Sobre as 10:30 p.m. (as fontes difiren da hora exacta), Blanchard comezou o ascenso, levando unha bandeira branca e cun vestido branco con plumas de avestruz. O vento sopraba forte e parecía que o globo loitaba por subir. Soltando lastre, conseguiu levantalo un pouco, mais o globo rozou unhas árbores mentres subía. Unha vez pasadas as copas das árbores, Blanchard comezou a mover a súa bandeira. O globo estaba iluminado por cestas que contiñan fogos de artificio.Gentleman's Magazine 1819, páx. 76.