O deserto do Namib, chamado ás veces deserto de Namibia,Este nome é impropio, xa que en Namibia existen outros desertos. é un importante deserto de África que se estende ao longo da costa de Namibia, entre o río Cunene, entre Namibia e Angola, ao norte, e o río Orange, que marca a fronteira coa República Surafricana, ao sur.

Xeografía Dimensións O deserto do Namib ten unha lonxitude duns 2 000 km, unha largura que varía entre os 80 e os 200 km, e unha superficie aproximada duns 81 000 km².

Etimoloxía O seu nome, "Namib", significa en lingua nama "enorme".

A ecorrexión

miniatura|230px|Mapa do deserto do Namib. miniatura|230px|Mapa da ecorrexión.

Algúns xeógrafos consideran que o biótopo ou a ecorrexión propiamente dita (tal como está definida polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) esténdese entre o río Uniab, 200 km ao norte do cabo Cross, e a cidade de Lüderitz no sur.

A ecorrexión, extremadamente árida, comprende dunas de area, chairas de grava e montañas esgrevias. Completamente desprovisto de auga superficial, aínda que está atravesado por varios leitos secos. Estes leitos están poboados de vexetación e albergan algúns ungulados, como as cebras de montaña de Hartmann (Equus zebra hartmannae).

O sur do deserto é extremadamente seco e incluso carece de leitos secos; o órix do Cabo (Oryx gacella) —localmente denominado gemsbok— é o único mamífero grande que pode vivir neste ambiente hostil. As néboas mestas son frecuentes ao longo da costa, e son o "sangue vital" do deserto, subministrando suficiente humidade para que sobrevivan unha gran cantidade de especies animais interesantes e altamente adaptadas á estas extremadas condicións ambientais.

A parte do Namib que se estende ao norte do río Uniab denomínase deserto de Kaoko, e adéntrase en Angola.Ten un río sempre con auga, o Cunene, onde chove máis (até 100 mm en tormentas esporádicas de outubro a marzo) e a fauna e a flora son máis abundantes.

A parte do Namib que se estende ao sur de Lüderitz denomínase Karoo (Karoo suculento e Karoo nama) e adéntrase notabelmente en Suráfrica. Ten outro río sempre con auga, o Orange, que noutro tempo estaba poboado de hipopótamos, e caracterízase por ser a rexión do mundo máis abundante en especies de plantas suculentas (máis de 10 000).

O deserto do Nabib considérade que é o deserto máis antigo do mundo,Spriggs, A. (2001): WWF. Terrestial Ecoregions. Deserts and xeric shrublands. Africa. Namibia. e tense constancia de que xa existía durante a Era Terciaria, hai uns 65-55 millóns de anos, época na que se extinguiron os dinosauros.

Patrimonio da Humanidade A Unesco declarou o Namib como Patrimonio da Humanidade en 2013.

Galería

centro|miniatura|1200x1200px|Sossusvlei. centro|miniatura|1200x1200px|Panorama de Spitzkoppe

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Sossusvlei

Ligazóns externas Ocholeguas.com: The Desert Trail, la gran aventura del desierto rojo . Namib desert (World Wildlife Fund) Namib desert (National Geographic)

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Namibia Categoría:Desertos de África Categoría:Biomas Categoría:Ecorrexións