A lingua khoekhoe (nome oficial: khoekhoegowab), tamén denominada historicamente nama e hotentote, é unha lingua khoisa, a que ten máis falantes e a que se estende por un territorio maior.

Historia e países onde se fala A lingua khoekhoe pertence á familia khoe,Hammarström, Harald; Forkel, Robert & Haspelmath, Martin, eds. (2017): Familia Khoe–Kwadi. Glottolog 3.0. Jena, Alemaña: Instututo Max Planck para a Ciencia da Historia Humana. e fálase principalmente en Namibia (no mapa adxunto indícase a distribución deste idioma nese país), Suráfrica e Botswana, e por tres grupos étnicos, os nama, os damara e os haiǁom.

Parece que os damara tomaron a linguaxe, xunto cos nama, en Botswana, e que emigraron a Namibia cada grupo por separado. Os haiǁom, que falaran unha lingua juu, máis tarde pasaron a falar khoekhoe. Georg Friedrich Wreede foi o primeiro europeo que estudou o idioma, despois de chegar á Cidade do Cabo en 1659.

De acordo con Ethnologue, hai 202 000 falantes (dos cales, 200 000 en Mamibia; 2 000 en Suráfrica e 200 en Botswana).."Khoekhoe. A language of Namibia".

O khoekhoegowab é lingua nacional en Namibia. En Namibia e Suráfrica, a radio emite, entre outros, neste idioma. En Namibia, o khoekhoegowab, a pesar de que o inglés é o idioma oficial da república, é un dos idiomas vehiculares do ensino, desde a educación primaria até a universitaria.

O khoekhoe ten 5 vogais e 31 consoantes.

Frases típicas Algunhas frases típicas son: ! Gai EET - Boos días ! Gai ǁ HOA - Bos días ! Gai azadas - Boas noites Matisa - Cómo estás? ! Gãise re gu - Adeus ! Haese mugus - Vémonos pronto

Notas

Véxase tamén Bibliografía Haacke, Wilfrid H. G. & Eiseb, Eliphas (2002): A Khoekhoegowab dictionary with an English-Khoekhoegowab index. Windhoek: Gamsberg Macmillan. ISBN 9-9916-0401-4. Gamal Mokhtar, editor (2010): História Geral da África – Vol. II – África Antiga. Brasilia: UNESCO. ISBN 978-8-5765-2124-2, p. 220. Roy S. Hagman (1977): Nama Hottentot grammar, Bloomington, Indiana: Indiana University Press.

Ligazóns externas Números en KhoeKhoe Colores en KhoeKhoe

Categoría:Linguas de Suráfrica Categoría:Linguas de Namibia Categoría:Linguas de Botswana