O bilurico finoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Tringa stagnatilis) é un pequeno limícola. É un bilurico bastante pequeno que se reproduce en estepas herbosas abertas e taigas en zonas húmidas desde o extremo leste de Europa ata Asia central. O nome do xénero Tringa é a palabra neolatina coa que Aldrovandus nomeou o Tringa ochropus en 1599 baseándose na palabra do grego antigo trungas, unha ave mencionada por Aristóteles. O nome específico, stagnatilis, procede do latín stagnum, 'pantano'.

Descrición

Lembra un pequeno e elegante bilurico claro (Tringa nebularia), cun bico fino e longo e unhas patas amareladas moi longas. Igual que o bilurico claro é de cor marrón cincenta en plumaxe reprodutora, máis claro en inverno, e ten unha cuña de cor branca no seu dorso que é visible en voo. Porén, está máis emparentado co bilurico común (Tringa totanus) e o bilurico bastardo (T. glareola). Todos eles en conxunto forman o grupo de biluricos máis ben pequenos que adoitan ter patas vermellas ou avermelladas e en plumaxe reprodutora son xeralmente dunha tenue cor marrón clara pola parte superior con algunhas manchas escuras, cun padrón de manchas amarronadas pequenas algo difusas en peito e pescozo. A lonxitude é de 22 a 26 cm, a envergadura é de 55 a 59 cm e pesan de 45 a 120 g.

Distribución É unha especie migratoria, e a maioría das aves invernan en África e a India e uns poucos migran ao sueste asiático e Australia. En Galicia é unha ave accidental. Prefiren invernar a zonas húmidas de augas doces, como pantanos e lagos e vense xeralmente sós ou en pequenos grupos.

miniatura|Ovos desta especie na colección do Museo de Wiesbaden.

Estas aves aliméntanse sondando co bico en augas pouco profundas ou en lama húmida. Comen principalmente insectos e outras presas similares pequenas.

É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Africano-eurasiático (AEWA).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds

Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1803