«Refrain» (; en galego: «Retrouso»; orixinalmente titulada «Refrains») é unha canción composta por Géo Voumard e interpretada en francés por Lys Assia. Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional suíza en 1956. Declarouse gañadora desa edición, converténdose na primeira gañadora do festival.

Festival de Eurovisión 1956 miniatura|esquerda|Lys Assia, intérprete da canción, en 1958. Selección Esta canción participou na final nacional para elixir as dúas actuacións que representarían a Suíza no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 28 de abril de 1956. Finalmente, as cancións «Das alte Karussell» e «Refrains» declaráronse gañadoras da gala.

No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada por Lys Assia. A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.

Foi interpretada en noveno lugar, seguindo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Voorgoed voorbij» e precedendo a Bélxica con Mony Marc interpretando «Le plus beau jour de ma vie». A canción foi anunciada gañadora ao final do certame.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Suíza no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Francia en Eurovisión