«Aprite le finestre» (en galego: «Abride as xanelas») é unha canción composta por Virgilio Panzito e interpretada en italiano por Franca Raimondi. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Fonit Cetra. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1956.
Festival de Eurovisión 1956 Selección «Aprite le finestre» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1956 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1956.
No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante italiana Franca Raimondi. A orquestra foi dirixida por Gian Stellari.
Foi interpretada en sétimo lugar, seguindo a Luxemburgo con Michèle Arnaud interpretando «Ne crois pas» e precedendo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Voorgoed voorbij». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Italia no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Sinxelos de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Italia en Eurovisión