«Samma stjärnor lysa för oss två» (en galego: «A mesma estrela brilla para nós dous») é unha canción composta por Åke Gerhard e interpretada en sueco por Alice Babs. Foi elixida para representar a Suecia no Festival de Eurovisión de 1958 co título «Lilla stjärna» tras ser seleccionada internamente pola emisora sueca Sveriges Radio.
Festival de Eurovisión 1958 miniatura|esquerda|Alice Babs interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958. Selección «Samma stjärnor lysa för oss två» foi seleccionada para representar a Suecia no Festival de Eurovisión 1958 pola emisora sueca Sveriges Radio. A cantante elixida para interpretala, Alice Babs, pediu que a letra da canción fose cambiada, así que a emisora sueca encargou a Gunnar Wersén, xornalista e empregado de Sveriges Radio, que escribise unha nova letra para a canción, cuxo nome cambiou a «Lilla stjärna». Debido a isto, o compositor, Åke Gerhard, prohibiu a publicación da canción de maneira comercial.
No festival A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante sueca Alice Babs. A orquestra foi dirixida por Dolf van der Linden.
Foi interpretada en sexto lugar, seguindo a Luxemburgo con Solange Berry interpretando «Un grand amour» e precedendo a Dinamarca con Raquel Rastenni interpretando «Jeg rev et blad ud af min dagbog». Ao final das votacións, a canción recibiu 10 puntos, obtendo o cuarto posto de 10.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Suecia no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua sueca Categoría:Cancións de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1958 Categoría:Cancións de Suecia en Eurovisión