«Nel blu dipinto di blu» (en galego: «No [ceo] azul pintado de azul»), coñecida popularmente como «Volare», é unha canción composta por Domenico Modugno e interpretada en italiano por el mesmo. Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Fonit. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1958 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1958.

Festival de Eurovisión 1958 miniatura|esquerda|Domenico Modugno xunto ao director de orquestra Alberto Semprini durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1958, onde interpretou a canción.

Selección «Nel blu dipinto di blu» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1958 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1958.

No festival A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada polo cantante italiano Domenico Modugno. A orquestra foi dirixida por Alberto Semprini.

Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Heel de wereld». Ao final das votacións, a canción recibiu 13 puntos, obtendo o terceiro posto de 10.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Italia no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua italiana Categoría:Cancións de 1958 Categoría:Sinxelos de 1958 Categoría:Cancións de Eurovisión 1958 Categoría:Cancións de Italia en Eurovisión