Raúl García Durán, nado nas Neves o 25 de xuño de 1889 e finado en Mondariz o 24 de abril de 1972, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel García Golmar, deputado provincial e alcalde das Neves entre 1892 e 1911, e mais de Manuela Durán Méndez. Foi irmán de Alejandro, Leopoldo e Manuel García Durán.
Fundou en 1920 a empresa de autocares Transportes Raúl. Ao remate da ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Mondariz. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Mondariz, mais foi destituído polo gobernador civil en maio de 1937. Foi nomeado xuíz de paz de Mondariz en 1963.El Pueblo Gallego, 19-5-1963, p. 17.
Vida persoal Casou con Balbina Gómez Álvarez (Quiroga, 1895 – Mondariz, 4 de xaneiro de 1935) e foron pais de Manuel, María, Raúl, César, José, Margarita e Ofelia e García Gómez. Casou por segunda vez con Josefa Tato Sotelo e foron pais de Raúl, José Luis, Antonio e Fernando García Tato.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Mondariz Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes