Clemantine Wamariya, nada en Kigali en 1988 é unha escritora e activista polos dereitos humanos de Ruanda. Traxectoria

dereita|miniatura|Wamariya en 2016, nun panel con Katherine Maher, Marc Benioff, e Yves Daccord.

Nada nunha familia do pobo tutsi, viuse obrigada a deixar a súa casa e os seus pais aos seis anos durante o xenocidio de Ruanda. O seu pai era un home de negocios no sector do transporte por taxi, e a súa nai unha xardineira que cultivaba froita e flores na casa familiar. Refuxiouse coa súa avoa no sur do país, pero houbo emigrar de novo logo de que matasen a súa avoa. Pasou varios anos viaxando por África (Burundi, Zaire, Tanzania, Malaui, Mozambique e Suráfrica) antes de lograr un visado como refuxiada nos Estados Unidos de América.

Asentouse cunha familia na área de Chicago e comezou a recibir educación regulada aos trece anos. Acadou relevancia internacional en 2006 logo de aparecer no programa The Oprah Winfrey Show, que preparou un encontro sorpresa co seu pai e a súa nai. Logo de graduarse na Universidade Yale comezou a súa carreira como divulgadora. En 2018 publicou un libro de memorias, The Girl Who Smiled Beads.

Notas

Categoría:Nados en Ruanda Categoría:Nados en 1988 Categoría:Escritores de Ruanda Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade Yale