miniatura|250px|O cabo Norte (en primeiro plano), co cabo Knivskjellodden ao fondo. O cabo Norte (en noruegués Nordkapplatået) é un promontorio localizado na illa de Magerøya, no norte de Noruega, na comunidade de Nordkapp, no condado (fylke) de Finnmark.Stadnamn og rettskriving (Nomes e ortografía das cidades) .
Caracterítsticas xeográficas miniatura|250px|Mapa do N de Noruega. Arriba, no centro, a illa de Magerøya. O seu acantilado, de 307 m de altura, está considerado con frecuencia como o punto máis setentrional de Europa.
Porén, o veciño cabo Knivskjellodden áchase uns 1 500 m máis ao norte.
Ademais, ambos os puntos encóntranse na illa de Magerøya, o que significa que o punto máis setentrional da Europa continental é, en realidade, o cabo Nordkinn, na Nordkinnhalvøya (península de Nordkinn).
Segundo a Organización Hidrográfica Internacional, o cabo Norte é o límite entre o mar de Noruega, ao oeste, e o mar Branco, ao leste, sendo por tanto tamén un dos límites usados para separar o océano Atlántico do océano Ártico.
Historia A denominación cabo Norte foi cuñada polo explorador británico Richard Chancellor en 1553, cando superou o cabo na busca do Paso do Nordeste. Desde entón, recibiu frecuentes visitas de exploradores que subiron á meseta da illa de Magerøya escalando o acantilado. Algúns visitantes famosos foron o rei Óscar II de Suecia en 1873 e o rei Chulalongkorn de Tailandia en 1907.
En 1943, durante a segunda guerra mundial, a batalla de Cabo Norte desenvolveuse fronte a este cabo no océano Ártico.
Turismo
Hoxe en día o cabo Norte é unha importante atracción turística que inclúe un amplo centro turístico que alberga un gran número de exposicións sobre a historia do lugar.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Nordic summer. Visit the North Cape Información turística. , , . The North Cape: The northernmost point of Europe . Sitio web Skarsvåg e cabo Norte . Imaxes de Skarsvåg e cabo Norte . Xeositio de Jan S. Krogh: en Knivskjellodden e o cabo Norte
Norte Norte Norte Categoría:Xeografía de Noruega