«Irgendwoher» (en galego: «Dalgún lugar») é unha canción composta por Lothar Löffler e interpretada en alemán por Christa Williams. Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Decca Records. Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-la final nacional suíza, Finale suisse 1959.
Festival de Eurovisión 1959 Selección «Irgendwoher» cualificouse para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional suíza, Finale suisse 1959.
No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada pola cantante alemá Christa Williams. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.
Foi interpretada en oitavo lugar, seguindo a Suecia con Brita Borg interpretando «Augustin» e precedendo a Austria con Ferry Graf interpretando «Der k. und k. Kalypso aus Wien». Ao final das votacións, a canción recibiu 14 puntos, obtendo o cuarto posto de 11.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Suíza no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Suíza en Eurovisión