Magie Faure-Vidot, tamén chamada Maggie Vijay-Kumar, nada en Victoria en 1958, é unha escritora das Seychelles. Publica en lingua francesa, lingua inglesa e crioulo das Seychelles..
Traxectoria Viviu nos Estados Unidos, Líbano, Inglaterra, Italia e Francia, antes de regresar ás Seychelles. Alí cofundou a revista literaria dixital Vents Alizés, da que é directora, e a editorial dixital Edisyon Losean Endyen, que dirixe xunto co poeta húngaro Károly Sándor Pallai. Amais é a editora de Sipay, a única revista de literatura das Seychelles. Tamén está moi comprometida coa vida cultural do seu país, e participa en exposicións de arte de mulleres locais. A súa obra, analizada en estudos críticos da literatura das Seychelles, adoita aparecer en Seychelles Nation e The People. Tamén é coñecida pola súa oralidade.
É membro do Institut Académique de Paris e da Académie Internationale de Lutèce. Acadou diversos premios e recoñecementos, e representou o seu país en varios festivais internacional de poesía.
Obra Un grand cœur triste (1983) L'âme errante (2003) Flamme mystique (2011) Rêves créoles (2012) L'Oasis des mots (2016)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados nas Seychelles Categoría:Escritores das Seychelles Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en crioulo das Seychelles