miniatura|dereita|Estatua de Jimmy Johnstone James Connolly Johnstone, tamén chamado Jinky, nado o 30 de setembro do 1944 na vila escocesa de Uddingston (Lanarkshire) e finado o 13 de marzo do 2006 na mesma localidade, foi un futbolista escocés.
Traxectoria Foi un dos grandes da historia do Celtic ó artellar parte dos Lisbon Lions que conseguiran gañar a Copa de Europa para os católicos de Glasgow no 1967. Cos verdibrancos xogou 515 encontros conseguindo 130 goles.
Pero non só xogou para o Celtic, senón que tamén o fixo no San Xosé Earthquakes antes de volver ó Reino Unido no 1975 para xogar previamente ó seu retiro no Sheffield United, Dundee F.C., Shelbourne F.C. e Elgin City nesta orde.
Futbolista que desenvolvía o rol de extremo e de curta estatura co seu 1.57 metros mais moi rápido, áxil, forte, un diaño coa bola nos pés e un xogador que endexamais se viña cara embaixo. De feito gañou o sobrenome de Lord of the Wings, é dicir, de señor das bandas.
Representou a selección escocesa nun total de 23 veces acadando 4 tantos e sendo partícipe da soada vitoria en Wembley por 2-3 fronte ós ingleses en 1967.
Foi Balón de Bronce nunha ocasión.
Categoría:Futbolistas de Escocia Categoría:Xogadores do Celtic FC Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Xogadores do Sheffield United FC Categoría:Xogadores do Dundee FC Categoría:Xogadores do Shelbourne FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Escocia Categoría:Xogadores do Elgin City FC Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA