Fritz Ulysse Landry, nado na localidade suíza de Le Locle o 26 de setembro de 1842 e finado en Neuchâtel o 7 de xaneiro de 1927, foi un medallista e deseñador de moedas suízo. Destaca principalmente por ser o autor da serie de moedas suízas de ouro coñecida como Vreneli."Fritz Ulysse Landry". En Dictionnaire Historique de la Suisse."Landry, Fritz-Ulysse (1842-1927) ". En Schlup, M. (1996). Páxinas 233-238."Landry, Fritz". En Forrer, L. (1907). Páxinas 289-293

Traxectoria miniatura|esquerda|Moeda de 20 francos de 1897 da serie Vreneli, deseñada por Fritz Ulysse Landry Naceu nunha familia de gravadores de Neuchâtel; era fillo de Ulysse Landry, tamén medallista, e de Cécile Jacot."Landry, Ulysse". En Forrer, L. (1907). Páxina 293.

A súa formación artística comezou xa no propio obradoiro familiar. Logo asistiu á escola en Neuchâtel e continuou a súa formación na Escola de Belas Artes de Xenebra da man do pintor Barthélemy Menn, onde se diplomou. Despois, en París, afondou no coñecemento das técnicas do gravado traballando ás ordes do gravador suízo Antoine Bovy.Antoine Bovy foi o gravador de diversas moedas de Suíza: Helvetia sedente (2 francos 1874), Helvetia en pé (2 francos 1874) etc.

En 1869 fundou na súa localidade natal unha escola de deseño profesional (a actual Ecole des arts et métiers), onde exerceu a docencia ata 1892.Sitio web da Ecole des arts et métiers .

Durante a década de 1870 foi tamén profesor de debuxo en varias escolas de ensino secundario de Neuchâtel.

Foi autor do deseño de diversas moedas e medallas, así como de pequenos bronces de inspiración social.Dúas medallas deseñadas por Landry. En Medals4Trade.com."Fritz Ulysse Landry: Sic fugit tempus ". Musée d'Orsay. A súa creación máis sobranceira é a moeda de ouro de 20 francos coñecida como Vreneli, cuñada entre 1897 e 1949, así como o resto dos valores que compoñen a serie (10 e 100 francos). Esta moeda presenta novidades canto á súa temática en comparación coas anteriores de Suíza, que xeralmente presentaban un carácter máis convencional."Das Goldvreneli". Casa da Moeda de Suíza. Swissmint.ch. miniatura|Anverso do tálero de tiro emitido en Zürich en 1872, deseñado por Fritz Ulysse Landry Landry é tamén coñecido polos seus deseños das moedas de cinco francos conmemorativas dos Festivais de Tiro de Zürich, en 1872, e de Sankt Gallen, en 1874, coñecidas como "táleros de tiro".Richter, J. (2005). Páxinas 215 e 301.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Vreneli Premio Vreneli Casa da Moeda de Suíza

Bibliografía

Forrer, L. (1907). Biographical Dictionary of Medallists. Spink & Son. Londres. Richter, J. (2005). Die Schützentaler und Schützenmedaillen der Schweiz. Regenstauf. ISBN 978-3924861957 Schlup, M. (1996). Biographies neuchâteloises. Tomo 3. Hauterive, Attinger.

Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Nados no cantón de Neuchâtel Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Deseñadores de moeda de Suíza