Vreneli é a denominación dunha serie de moedas de ouro da Confederación Suíza composta por moedas de 10, 20 e 100 francos, deseñadas polo gravador Fritz Ulysse Landry. Estas moedas foron cuñadas entre os anos 1897 e 1935 e desmonetizáronse o 27 de setembro de 1936 (aínda que hai recuñaxes oficiais posteriores dedicadas ao comercio de ouro, como investimento).Das Goldvreneli . Casa da Moeda de Suíza. Swissmint.ch.Kampmann, U. (2010)."Liste des pièces suisses ayant cours légal et mises hors cours ". En Swissmint.ch.Martínez Gallego, J. M. (2010).
Cómpre non confundir esta serie coa anterior, entre os anos 1883 e 1896, coñecida como Helvetia.
Orixe do nome O nome da serie vén de Verena, a personificación feminina da Confederación Suíza (similar á Marianne francesa ou á Miss Liberty norteamericana ("Vreneli" é o diminutivo en alemánico, formado co sufixo -eli, que indica afecto e familiaridade)."Verēne". En Schweizerisches Idiotikon. Wörterbuch der schweizerdeutschen sprache.begonnen. Tomo I. Frauenfeld. 1909. Columnas 915-917."Die Helvetia ein Vreneli? ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 7.
Caracterización A serie Vreneli componse de moedas cos valores de 10, 20 e 100 francos suízos. A pureza do ouro en que están cuñadas e de 900 milésimas. As pezas de 20 francos teñen un diámetro de 21 milímetros e pesan 6,45 gramos (dos cales 5,80 son de ouro puro)."Vreneli". En Dictionary of Banking. UBS.
Aínda que a denominación lle corresponde a toda a serie, a popularidade da peza de 20 francos fixo que, con frecuencia, sexa ela a que reciba o nome de "vreneli" e, consecuentemente a de 10 francos se coñeza como "medio vreneli".
ValorAliaxePeso totalPeso finoDiámetroGrosor10 francos90 % Au, 10 % Cu3,226 g2,903 g19,0 mm0,90 mm20 francos90 % Au, 10 % Cu6,452 g5,807 g21,0 mm1,25 mm100 francos90 % Au, 10 % Cu32,258 g29,032 g35,0 mm2,20 mm
Anversos miniatura|Deseños propostos por Fritz Ulysse Landry para os anversos da serie Vreneli (1895) Os anversos amosan o busto de Helvetia ollando á esquerda, adobiado cun diadema, ante dunha paisaxe montañosa. Baixo o retrato aparece a sinatura "F. LANDRY", que sinala a identidade do seu gravador, o suízo Fritz Ulysse Landry."Fritz UlysseLandry". En Dictionnaire Historique de la Suisse."Kurzporträt des Künstlers Fritz Landry ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 7.
Canto ao modelo no que Landry se inspirou para este deseño hai diversas teorías, entre elas a de que se trata dun retrato de Françoise Kramer (1859-1946) ou a de que podería corresponder a Rosa Tännler (1878-1946). Habitualmente dáselle máis credibilidade a esta segunda, xa que cadra mellor con algunhas declaracións ao respecto feitas polo propio Landry no seu epistolario."Wer stand für das Vreneli Modell? ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 8.
Reversos O reverso da moeda de 20 francos porta o escudo de armas de Suíza (cruz de prata sobre goles) sobre unha póla de carballo. O valor facial divídese a ambos os lados do escudo."Beschreibung: 20 Franken ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 2.
A letra "B" que aparece na parte inferior, á dereita da data, indica que estas moedas foron cuñadas na ceca de Berna.
Aínda que o anverso é o mesmo para todos os valores da serie, o reverso das moedas de 10 e de 100 francos é diferente ao das de 20, e amosa a cruz suíza radiante sobre unha póla de rododendros e xanzás."Beschreibung: 10 Franken ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 2.
O canto das moedas está dotado dunhas estrelas en relevo.
As pezas producidas en 1897 co ouro extraído das minas de Gondo, no cantón de Valais, recoñécense por unha pequena cruz adicional situada no medio da cruz heráldica, e amosan unha cor algo máis clara. Estas moedas, das que apenas se emitiron 29 exemplares, son extremadamente raras."Vreneli aus Gondogold ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 8."Walliser Goldmünze erzielt Rekordpreis an Auktion. Im Auftrag eines Kunden hat die UBS ein Goldvreneli aus Gondo-Gold für 68'000 Franken ersteigert". En Radio Rottu Oberwallis. 4 de maio de 2009. Emisións
Moeda de 10 francos As pezas de 10 francos emitíronse unicamente entre 1911 e 1916, e novamente, en gran cantidade, en 1922 (1.020.000). En total, puxéronse en circulación 2.650.056 exemplares. miniatura|160px|10 francos de 1911 da serie Vreneli
As tiraxes anuais da moeda de 10 francos son as seguintes:"Vreneliprägungen im Detail ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 10. 1911: 100.000 1912: 200.000 1913: 600.000 1914: 200.000 1915: 400.000 1916: 130.000 1922: 1.020.000
Moeda de 20 francos Desta serie chegaron a emitirse máis de 61 millóns de pezas. A moeda de 20 francos é a máis común e a que gozou de máis popularidade, con 58.234.255 exemplares, dos cales 39.208.813 corresponden ás recuñaxes de 1945 a 1949. miniatura|20 francos de 1897 da serie Vreneli As tiraxes anuais da moeda de 20 francos son as seguintes:
1897: 400.029 1898: 400.000 1899: 300.000 1900: 400.000 1901: 500.000 1902: 600.000 1903: 200.000 1904: 100.000 1905: 100.000 1906: 100.000 1907: 150.000 1908: 355.000 1909: 400.000 1910: 375.000 1911: 350.000 1912: 450.000 1913: 700.000 1914: 700.000 1915: 750.000 1916: 300.000 1922: 2.783.678 1925: 400.000 1926: 50.000 1927: 5.015.000 1930: 3.371.764 1935: 175.000 L1935: 20.008.813 1947: 9.200.000 1949: 10.000.000
Moeda de 100 francos miniatura|280px|100 francos de 1925 da serie Vreneli Das moedas de 100 francos só se produciron 5.000 moedas, todas datadas en 1925. A súa escaseza convérteas en obxectos moi procurados polos coleccionistas numismáticos. No mercado numismático, o valor dunha desta pezas nun estado de conservación excelente ascendeu a 10.000 francos suízos en 2008."Beschreibung: 100 Franken ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 3.Eppler, P. et al. (2008). Recuñaxes oficiais Ademais das emisións regulares, producíronse recuñaxes oficiais das moedas de 20 francos destinadas ao comercio do ouro con datas L1935, 1947 e 1949, cos mesmos motivos que as orixinais."Die Nachkriegsprägungen 1945-1949 ". En Das Goldvreneli. Swissmint.ch. Páxina 9.
No ano 1935 recuñáronse 175.000 moedas de 20 francos, coa data L1935 (o "L" fronte á data 1935 é a inicial de lingot, para diferenciar esta recuñaxe da moeda orixinal desmonetizada). Con todo, con esta mesma data inmobilizada cuñáronse tamén 20.008.813 pezas nos anos 1945 (3.500.000), 1946 (7.108.813) e 1947 (9.400.000).
Contexto histórico Constituído o Estado federal en 1848 como un paso previo a conformación da Confederación Helvética, o novo Estado adoptou o franco suízo como moeda, que se aliñou co franco francés en 1850 e se uniu á Unión Monetaria Latina en decembro de 1865.
A serie Vreneli emitiuse ao abeiro da Lei do 6 de xaneiro de 1896. Ata 1926, cuñouse no marco da Unión Monetaria Latina e, a partir de aí, fóra dela ata 1935 (á parte das recuñadas en 1935, 1947 e 1949).Leconte, Jean-Marc. (1995).
A Unión Monetaria Latina O valor de 20 francos ten as características metrolóxicas establecidas para Francia en 1803 por Napoleón I. Estas especificacións permaneceron en uso ata a I Guerra Mundial nos países membros da Unión Monetaria Latina con denominacións como 20 liras en Italia, 20 francos en Bélxica e 20 dracmas en Grecia. Todas estas moedas circulaban libremente e eran aceptadas por toda Europa; non obstante, os imperios británico e alemán rexeitaron seguir esta mesma dirección.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Premio Vreneli Franco suízo Moedas do franco suízo Casa da Moeda de Suíza Fritz Ulysse Landry Napoleón (moeda) Moeda de 20 francos Galo
Bibliografía
Eppler, P. et al. (2008). Schweizer Münzen und Banknotenkatalog 1798-2007. Solidus Verlag. Lucerna. ISBN 978-3-033-01293-6 García Ruiz, José Luis (1992). "Patrón oro, banca y crisis (1875-1936). Una revisión desde la historia económica". En Cuadernos de estudios empresariales (2): 57-86. ISSN 1131-6985. Kampmann, U. (2010). "Bullion coins part 6: The Vreneli". En Coins Weekly. 1 de abril. Leconte, Jean-Marc. (1995). Le bréviaire des monnaies de l'Union latine. Cressida. París. Martínez Gallego, J. M. (2010). "«Vreneli», auténtico oro suizo". En Panorama Numismático. 23 de decembro.
Ligazóns externas
"Vreneli musste mehrfach überarbeitet werden". Die Ganze Welt der Münzen. 9 de xaneiro de 2019
Categoría:Moedas de Suíza Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro Categoría:Terminoloxía numismática