Sarah Mkhonza, nada en Siphofaneni (distrito de Lubombo) o 7 de maio de 1957, é unha escritora e activista a favor dos dereitos da muller de Eswatini. Reside nos Estados Unidos de América. Traxectoria

Doutorouse pola Universidade Estatal de Míchigan. Traballou como xornalista no The Swazi Sun e The Observer, e ensinou inglés e lingüística na Universidade de Suazilandia. Debido á censura e a persecución, en 2005 solicitou asilo político nos Estados Unidos.

Cofundou a Asociación de Mulleres Africanas e o Grupo de Fondos de Libros Africanos na Universidade Estatal de Míchigan. Foi docente no Centro de Estudos e Investigacións Africanas na Universidade Cornell, na Universidade de Boston e na Universidade Stanford. En 2002 recibiu o Premio Hammett-Hellman de Human Rights Watch. Recibiu tamén o premio Oxfam Novib/PEN.

Obras What the future holds (1989) Pains of a Maid (1989) Two Stories (2007) Woman in a Tree (2008) Weeding the Flowerbeds (2008)

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Eswatini Categoría:Profesores da Universidade Stanford Categoría:Escritores de Eswatini Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes