A noite estrelada (en ; en ) é un cadro do artista postimpresionista neerlandés Vincent van Gogh. Pintado en xuño de 1889, representa a vista dende a fiestra orientada ó leste do seu cuarto no asilo de Saint-Rémy-de-Provence, xusto antes do amencer, co engadido dunha aldea ideal. Estivo na colección permanente do Museo de Arte Moderna en Nova York dende 1941, adquirido a través de Lillie P. Bliss Bequest. Considerado como unha das obras máis salientables de Van Gogh, A noite estrelada é unha das pinturas máis recoñecidas da historia da cultura occidental.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina do cadro no Museo de Arte Moderna

Categoría:Obras pictóricas de Vincent van Gogh Categoría:Obras pictóricas de 1889