Antonio Graña Giráldez, nado en Cangas de Morrazo en 1911, foi un patrón de pesca e político galego.
Traxectoria Patrón de pesca. Excombatente na guerra civil. Foi xefe local do Movimiento de Cangas e despois conselleiro local do Movimiento. Foi nomeado alcalde de Cangas de Morrazo polo Ministro da Gobernación a finais de xaneiro de 1974.El Pueblo Gallego, 30-1-1974, p. 10. Tomou posesión o 1 de febreiro.El Pueblo Gallego, 1-2-1974, p. 18. Presentou a súa dimisión por motivos de saúde e idade en outubro de 1976,El Pueblo Gallego, 12-10-1976, p. 12. que lle foi aceptada a finais de xaneiro de 1977.El Pueblo Gallego, 28-1-1977, p. 15.
Recoñecementos Medalla da Vieja Guardia.
Notas
Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido