Alexander Garrievich Gordon, nado en Obnisk o 20 de febreiro de 1964, é un actor, xornalista e director de cine ruso.

Traxectoria Fillo do escritor e pintor Garri Borisovich Gordon e da traballadora sanitaria Antonina Dmitrievna Strigi. Educado por súa nai e avoa"В гостях у Александра Гордона. Пока все дома Пока все дома", 1tv.ru, 20 de novembro de 2011. viviu ata os tres anos en Belousovo (óblast de Kaluga) e logo a familia instalouse en Moscova. En 1987 rematou os seus estudos de actuación no Instituto de Teatro Boris Shchukin" Галерея выпускников - 80-е годы" htvs.ru e logo traballou durante un ano na compañía Teatre Studii Ruben Simonov, creada en 1988 polo fillo de SimonovLaurence Senelick (2007) Historical Dictionary of Russian Theater. Lanham:Scarecrow Press, p. 355. En 1989 marchou coa súa muller e filla para os Estados Unidos, traballou para Russian Television Network (RTN) e dende 1992 traballou tamén na emisora de radio en lingua rusa WMNB. En 1993 creou a súa propia compañía, Wostok Entertainment e produciu e presentou entre 1994 e 1997 o programa New York, New York para a canle rusa TV-6 . En 1997 volveu a Rusia, xa con dobre cidadanía, rusa e mais estadounidense"Alexander Gordon in Voronezh: “If a war starts, I will be the first to give up my American citizenship"".Voronezh, 22 de maio de 2015, traballou no programa da TV-6 Chastnii sluchai, presentándoo entre marzo e decembro de 1997 e tamén dende 1997 presentou un programa de radio matinal na emisora de radio Silver Rain e logo entre 2001 e 2002 na canle de televisión M1. Entre 1998 e 2000 presentou Sobranie zabluzhdenii, unha serie de filmes documentais de documentación histórica e tamén presentou canda Vladimir Soloviev o programa de entrevistas Process (1999-2001) na ORT. Entre 2001 e 2003, cun programa especial en abril de 2004, presentou o programa de entretemento científico Gordon na NTV e na mesma canle pasou a presentar entre setembro de 2004 a xullo de 2005 o programa Stress. No outono de 2005 deixou a NTV e pasou á Canle Unha e ata maio de 2006 presentou Gordon 2030. En 2006 volveu ao seu antigo programa de radio matinal que presentou ata o outono de 2007. Dende 2007 e ata 2013 presentou o programa Zakritii pokaz, no que personalidades do mundo do cine e da televisión falaban do novo cine ruso. De 2008 a 209 presentou o programa Gordon Juan en Silver Rain e na televisión de 2008 a 2010 Gordon Quixote. En 2009 presentou Gordon v zasade na canle Ohota i ribalka. En 2012 presentou Grazhdanin Gordon. Con Peter Tolstoi presentou entre 2013 e 2014 o programa nocturno dedicado á política, Politica. Con Ekaterina Strizhenova presentou en 2013 Za i protiv e dende 2014 presenta con Iulia Baranovskaia Muzhskoye/Zhenskoye.

Como director o seu primeiro filme realizouno en 2002, Pastukh svoikh korov baseado nunha novela de seu pai, así como a súa segunda película, filmada en 2007 aínda que non o presentou ata 2011Monastireva-Ansdell, Elena (2012). "Aleksandr Gordon: Brothel Lights (2011)". Kinocultura New Russian Cinema Nº 37, Ogni pritona. De 2018 é Diadia Sasha.

Notas

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados no óblast de Kaluga Categoría:Xornalistas de Rusia Categoría:Directores de cinema de Rusia Categoría:Actores de teatro de Rusia Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Personalidades da radio dos Estados Unidos de América Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América