Juan Manuel Teijeiro Conde, nado en Foz cara a 1950, foi un político galego.
Traxectoria Estudante de segundo curso de Ciencias na Universidade de Madrid no curso 1968-69, era militante do Frente Unido de Resistencia (FUR), un grupo xurdido en 1968. Foi detido en decembro dese mesmo ano xunto con Leopoldo Redruello, Ernesto Alajarín e Ángel Ayala, acusados do incendio dunhas aulas do Caserón de San Bernardo, no marco das protestas universitarias xurdidas nese ano, actividade que eles negaron.
Foron xulgados en consello de guerra en xaneiro de 1969. Juan Teijeiro, defendido polo avogado Manuel Salgado Durán, foi condenado a 18 anos de prisión.La Voz de Galicia, 23-1-1969, p. 8. Pasou polas cadeas de Ocaña, El Dueso, Alcalá de Henares, Teruel e finalmente Xaén. En 1977 denegóuselles a amnistía a Juan Teijeiro e Ernesto Alajarín, mais apelaron ao Consello Supremo de Xustiza MilitarLa Voz de Galicia, 12-1-1977, p. 42., e finalmente foilles concedida a amnistía en abril de 1977. Juan pasou máis de oito anos en prisión, sendo considerado o máis antigo dos presos políticos galegos.La Voz de Galicia, 29-4-1977, p. 34.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Foz Categoría:Nados en 1950 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes