alt=Túnel da volta, de 90 m|miniatura|Túnel da volta, de 90 m. alt=Posible continuación da ruta: km 25 da estrada N 640|miniatura|Posible continuación da ruta: km 25 da estrada N-640. A ruta da antiga vía do ferrocarril Viloudriz - Ribadeo está constituída pola recuperación do tramo A Pontenova - Santiso de Abres do antigo ferrocarril mineiro Ribadeo - Viloudriz que estivo en funcionamento ata 1964. A ruta forma parte do conxunto das Vías Verdes
Percorrido
A ruta discorre ao longo do que fora a antiga vía do tren que comunicaba a principios do século XX as minas de Viloudriz co porto de Ribadeo. O trazado recuperado en 2019 é duns 13 quilómetros, á beira do río Eo, entre A Pontenova e Santiso, sendo o tramo de administración galega a zona sur, dende A Pontenova ata o rego do Cairo (uns 6 km), e de administración asturiana a zona norte, entre O Cairo e Santiso (uns 7 km). Nos diferentes tramos mestura distintas superficies: asfalto (A Pontenova - O Cairo), terra e pedras (na zona asturiana). Nel pásanse seis túneles (iluminados de xeito automático) de ata preto de medio quilómetro, e unha ponte. Asemade, á súa beira existen os restos de dúas centrais eléctricas, (unha delas alimentada polo encoro de Pé de Viña, con sentenza de demolición en 2022) e unha esclusa de salmóns, así como a área recreativa do Boulloso e restos de diversas construcións relacionadas co ferrocarril. Ó ser chá, de baixa dificultade, resulta ideal tanto para realizala andando, como correndo ou en bicicleta. Asemade, todo o seu percorrido é accesible en coche.
Galería de imaxes Túnel de Santiso
Notas
Categoría:Ferrocarril en Galicia Categoría:Ribadeo
Categoría:A Pontenova Categoría:Rutas