Blue Jasmine é un filme estadounidense de 2013 escrito e dirixido por Woody Allen. O filme conta a historia dunha antiga "socialité" de Manhattan (Cate Blanchett) que cae en desgraza e vese obrigada a mudarse coa súa irmá de clase traballadora (Sally Hawkins) ó seu apartamento en San Francisco. O filme tivo unha estrea limitada na cidade de Nova York o 26 de xullo de 2013, antes de estrearse en todo o país o 23 de agosto de 2013.

Blue Jasmine recibiu boas valoracións por parte da crítica, particularmente pola actuación de Blanchett. Blanchett gañou o Óscar á mellor actriz, e Hawkins e Allen foron nomeados a mellor actriz secundaria e mellor guión orixinal, respectivamente. Blanchett tamén gañou o Globo de Ouro, o Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz e o BAFTA polo seu papel. O filme foi un éxito de recadación, conseguindo 97,5 millóns de dólares sobre un orzamento de 18 millóns.

Personaxes Cate Blanchett como Jeanette "Jasmine" Francis Sally Hawkins como Ginger, irmá de Jasmine Alec Baldwin como Hal Francis, marido de Jasmine Peter Sarsgaard como Dwight Westlake, prometido de Jasmine Louis C.K. como Al Munsinger, amante de Ginger Andrew Dice Clay como Augie, exmarido de Ginger Bobby Cannavale como Chili, prometido de Ginger Michael Stuhlbarg como Dr. Flicker, o dentista para o que traballa Jasmine Alden Ehrenreich como Danny Francis, fillastro de Jasmine Tammy Blanchard como Nora, amiga de Jasmine nos Hamptons Max Casella como Eddie, amigo de Chili

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes producidos por Letty Aronson Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre irmás