José María Generoso Gómez Rivas, nado en Oca (A Estrada) o 15 de maio de 1882Mortos e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1936, foi un labrego e político galego. Traxectoria Veciño de Oca. Foi elixido concelleiro da Estrada polo distrito da Ulla na candidatura do Centro Republicano nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931.El Emigrado, 7-6-1931, p. 3-4. Foi suspendido como concelleiro durante o bienio negro. Cando se constitúe a xestora municipal, o 5 de maio de 1936, volveu á corporación en representación dos agrarios. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido á entrada da Estrada o 21 de xullo cando viña nun automóbil con José Cortés Fernández, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira para poñerse ás ordes da alcaldía na defensa das institucións democráticas. Xulgados en consello de guerra en Pontevedra o 8 de outubro por rebelión militar pola súa participaron na requisa de armas e explosivos e recruta de xente na comarca do Ulla, foi condenado a pena de morte con José Cortés. Foron fusilados o 15 de outubro de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía José Gómez Rivas e a represión na zona da Ulla

Ligazóns externas Así se xustifica unha condena a morte José Cortés Fernández, mestre de Goián

Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos