Gonzalo de Vivero, nado na provincia de Lugo en ano descoñecido e finado en Salamanca o 29 de xaneiro de 1480, foi un bispo galego.Entrada “Vivero, Gonzalo” na GEG.

Traxectoria Foi deán e posteriormente foi nomeado bispo da diocese de Salamanca.

Foi á voda de Xoán II, e este encomendoulle custodiar a torre da catedral xa que era un lugar de grande importancia estratéxica.

Gonzalo foi amigo de san Xoán de Sahagún, e os dous viviron as revoltas entre os Manzano e os Monroy. Naquela época Gonzalo era o presidente de Valladolid, durante o reinado de Henrique IV, e conseguiu que as revoltas apaciguasen, feito que foi cantado polo poeta Armendaiz.

Gonzalo mantivo a cidade fiel ó rexente, e o rei mandouno ir á Coruña para recibir os embaixadores de Inglaterra.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Finados en 1480 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos