miniatura|300px|Mapa de Suráfrica e da África do Suroeste (actual Namibia), que mostra os bantustáns creados en ambos os dous países.
Bantustán é o termo que designa cada un dos vinte territorios que operaron como reservas tribais de habitantes negros en Suráfrica e África do Suroeste (actual Namibia), no marco das políticas segregacionistas impostas durante época do apartheid tanto na República Surafricana como no territorio adxunto da África do Suroeste, daquela baixo a ocupación e administración surafricana.
Historia Establecéronse, nos vinte bantustáns, dez reservas desta clase, destinadas a aloxar e concentrar no seu interior poboacións etnicamente homoxéneas.
Desde os inicios, en 1959, da implementación legal do concepto, até o seu desmantelamento final en 1994, algúns bantustanes recibiron independencia nominal (Transkei, Venda, Bofutatsuana e Ciskei, en Suráfrica, e Ovambolandia, Kavangolandia e Caprivi do Leste, en África do Suroeste. Porén, a ningún deles lle foi recoñecida internacionalmente a condición de nación soberana; só foron admitidos nestes termos pola propia Suráfrica e, reciprocamente, entre eles mesmos. Outros, como KwaZulu, Lebowa e QwaQwa, permaneceron nunha condición de relativa autonomía administrativa, pero nunca foron declarados independentes.
Etimoloxía A palabra "bantustán" comezou a utilizarse en 1940. Ten a súa orixe en bantú (que significa "xente" nas linguas bantús) e no sufixo -stan ("terra de", en lingua persa, en forma similar á terminación -land de orixe xermánico).
Este era un termo usado polos críticos dos gobernos do apartheid, en oposición á expresión homelands ("patrias"), que era a promovida polo discurso oficial para designar o mesmo fenómeno.
O termo "bantustán" na actualidade Na actualidade o termo "bantustán" emprégase a miúdo con intención pexorativa, cando se pretende aludir a un país ou rexión carente de lexitimidade, que emerxe produto dun proceso de gerrymandering. O termo volveu a alcanzar gran difusión, aparecendo sobre todo en forma extrapolada; por exemplo, en discursos críticos ás políticas israelís para cos territorios Palestinos da Franxa de Gaza e de Cisxordania e, particularmente, en relación á "barreira israelí de Cisxordania", chamada polos seus detractores "o muro do apartheid" ou "o muro da vergonza".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Boddy-Evans, Alistair (2006): Apartheid Legislation in South Africa . African History en About.com. Bosch, Alfred (1993): ¿El fin de los bantustanes?. Hacia un cambio en África No 17/1993. D' Amato, Anthony, A. (1966): Apartheid in South West Africa: Five Claims of Equality. 1 Portia Law Journal 59. D' Amato, Anthony, A. (1966): The Bantustan Proposals for South-West Africa. Journal of Modern African Studies 4, 2. Dierks, Klaus Dr. (2005): Chronology of Namibian History. En www.klausdierks.com Erwin, James, L. (2003): Footnotes to History. Gordon, Raymond G., Jr. (2005): Languages of Namibia. Ethnologue: Languages of the World. Décimo quinta edición. Dallas, Tex.: SIL International. Versión en liña: www.ethnologue.com. Hopwood, Graham (2005): Regional Councils and Decentralisation: At the Crossroads. Analyses And Views Edition 2/2005. Namibia Institute for Democracy. Halbach, Axel, J. (1976): Die südafrikanischen Bantu-Homelands – Konzept – Struktur – Entwicklungsperspektiven. IFO – Institut für Wirtschaftsforschung München; Afrika-Studien Nº 90. ISBN 3-8039-0129-4. Horrell, Muriel (1973): The African Homelands of South Africa. South African Institute of Race Relations. ISBN 0-86982-069-9. Kaur, Abnash (1995): South Africa and Bantustans. Delhi: Kalinga Publications. ISBN 81-85163-62-6 Knight, Richard (1984): Black Dispossession in South Africa: The Myth of Bantustan Independence. Nova York: The Africa Fund. Lang, Andrea (1999): Separate Development und das Departement of Bantu. Administration in Südafrika – Geschichte und Analyse der Spezialverwaltung für Schwarze. Arbeiten aus dem Institut für Afrika-Kunde 103. Hamburgo: Verbund Stiftung Deutsches Übersee-Institut. Mandela, Nelson (1996): Mandela: An Illustrated Autobiography. Boston: Little, Brown and Company. ISBN 0-316-55038-8 Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación (España) (2004): República de Sudáfrica Monografías de la Oficina de Información Diplomática (OID) 166/2004. Odendaal, La Comisión (1964): Report of the Commission of Inquiry into South West Africa Affairs, 1962-1963. Pretoria. Rogers, Barbara (1972): South Africa: The Bantu Homelands. Londres: Christian Action Publications. ISBN 0-901500-21-6. Tazón Serrano, Santiago (2008): Apartheid y Estado: Desigualdad ante la ley y fragmentación de población y territorio ISBN 978-84-691-8052-5
Outros artigos Apartheid Namibia Nelson Mandela Partido Nacional (Suráfrica) Segregación racial Eswatini
Ligazóns externas El Apartheid después del Apartheid Consecuencias sociales de la segregación racial en la Sudáfrica actual. Por María Alicia Divinzenso . Rosa Fraile Martín e Teresa Güemes Gutiérrez: Geopolítica en el África austral . Secundino González Marrero (1997). Sudáfrica: cambios constitucionales y poder compartido . Información xeral sobre Namibia Ikuska Libros . "Bantustan plan for an apartheid Israel" The Guardian, 26/4/2004 . Sitio do (UNTAG) Grupo de asistencia da ONU durante o proceso de transición á independencia de Namibia .
Categoría:Historia de Suráfrica Categoría:Namibia