Pena Veidosa é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe cumes como o da pena Veidosa e bosques de montaña arredor do nacemento do río Arenteiro. Esta área de conservación ocupa 2.321 ha. dos concellos lucenses e ourensás de Carballedo e San Cristovo de Cea.
Fauna e flora Flora Nos penedos do espazo están presentes rochedos con vexetación casmofítica e pioneira. Dominan ademais os queirogais e prados pobres de sega ou estepas de gramíneas. As ribeiras do espazo fórmana os abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). As carballeiras da pena Veidosa fórmanas os carballos comúns (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica).
Fauna Neste espazo existen poboacións das especies en risco de Geomalacus maculosus e Lucanus cervus. Conta tamén con nove especies de aves con algún interese de conservación.
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son: Grupo Especie Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Peixes Chondrostoma polylepis Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Barbastella barbastellus Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Lexislación A Pena Veidosa foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia