eMOTIVe é terceiro álbum de estudio da banda de rock A Perfect Circle. Foi editado o 1 de novembro de 2004 (aínda que nos Estados Unidos saíu ao día seguinte) a través do selo Virgin Records para coincidir coas eleccións presidenciais dos Estados Unidos. O disco é principalmente unha colección de versións de cancións anti-bélicas, pero inclúe tamén dúas cancións do grupo.
Publicáronse dous sinxelos para promover o álbum; unha versión de "Imagine" de John Lennon, e "Passive", unha canción inédita que procedía do defunto proxecto Tapeworm. O álbum estreouse no número 2 na lista estadounidense Billboard 200, aínda que a banda non realizou unha xira para apoiar o traballo e entrando despois en hiato. Sería o derradeiro álbum de A Perfect Circle ata o Eat the Elephant de 2018.
Lista de cancións
Notas
Categoría:Álbums de A Perfect Circle Categoría:Álbums musicais de 2004 Categoría:Álbums de Virgin Records